Mmmm! A de cosas ricas que imos facer co cabaciño: pisto, cremas, marmelada, ratatouille...
Sabíades cas frores cómense tamén? Si, si e non é algo novedoso, xa ven de lonxe, pois xa na antiga Grecia e Roma as usaban para deleitar os seus sentidos. Nos descubrímola receita nun libro moi interesante de cociña italiana vexetariana: "La cucina verde" de Carlo Bernascone e Larissa Bertonasco. é un libro moi recomendabel polo sinxelo, ameno e as preciosas ilustracións. Ben, pois velaí vai a nosa versión da receita.
Frores de cabaciño fritidas
Despóis de lavalas ben e secalas cunha servilleta, rebozanse en masa de tempura:
- 1 ovo,
- fariña (aprox 1 cunca),
- un pouquiño de sal e media culler de azucre
- 1 a 1 1/2 cunca de auga fría.
Fritilas en aceite moi quente e... comelas quentiñas. Xa está!
Non vos apetece facelas? Probade e ...
Xa me diredes se resultóu
No hay comentarios:
Publicar un comentario