Qué terá o suave aroma das rosas que nos calma e chea de paz, envolvéndonos nunha pracentera sensación? É o aroma por excelencia. As súas frores e pétalos utilizáronse dende tempos inmemoriais para facer perfumes, xabóns, augas e tratamentos de beleza, xa non só pola súa fragrancia senón polas múltiples propiedades beneficiosas para a pel.
Quén non recolectóu rosas e na Noite de San Xoan deixounas macerando a luz da lúa, para facela máxica auga de rosas con que lavala cara na mañanciña ca ilusión da beleza e xuventude?
As rosas...
Frores máxicas, frores belas, fráxiles entre as espiñas, símbolos de tantas cousas...
E nós, coma Tita, a protagonista de "Como agua para chocolate" de Laura Esquivel , intentando experimentar con elas na cociña, facendo marmeladas de rosas. Un luxo para os sentidos!
Quén sabe? o mellor acontece coma na receita da novela, e todos os que as proben descubren emocións e paixóns reprimidas...
¡Qué bonitas y románticas las rosas antiguas! Son un regalo en cualquier jardín y dan un aire romántico a cualquier rincón. Y qué decir del olor, ¡humm...unico!
ResponderEliminarSi que o son... imaxínate entón o deliciosa que é a marmelada de pétalos de rosa.
ResponderEliminar