martes, 16 de septiembre de 2014

Sabores de Outono


Síntese o Outono, as peras, os figos, as cabazas e marmelos inundan as hortas cas súas cores e aromas. Meigamoura tráeche as sabores do Outono, para que as disfrutes na túa mesa.
Atreveste cunha marmelada de cabaza?.
 Se a probas repetirás...

jueves, 11 de septiembre de 2014

Figos, migueliños e brevas






 Mmmm... pero qué bós están os figos.
 Migueliños ou brevas, tanto ten.
 Nesta época é unha delicia, coas maravillosas tardes  que nos agasalla setembro, poder disfrutar da sombra dunha fermosa figueira e de cando en vez, poder alargar a man e coller un figo...
Meigamoura, sábeo, e por iso dentro  do seu tarro de marmelada de figos, poderás sentir todas estas sensacións do final do verán, coma as cores, olores e sabores das figueiras.


Gustanvos os figos?.
Probade a marmelada e xa veredes... Soa, con iogur ou requeixo, co que queiras, está boísima!!!!

jueves, 4 de septiembre de 2014

Setembro



Comeza Setembro e ven cargado de novas sabores: mazás, peras, moras, figos, froitos do bosque...  

En Meigamoura, queremos encerrar nos nosos tarros tódalas delicias con que nos agasalla a  horta e levalas as vosas mesas. Mazá con canela, pera con chocolate, ...

Animádevos a probar estas exquisitas marmeladas que facemos para vós!!!!

miércoles, 3 de septiembre de 2014

Lo artesano mola más



 


Xa temos a páxina onde se poden ver todas as tendas que confían nos nosos productos e nas que nos podedes atopar. E hoxe queremos falar dunha delas, "LO ARTESANO MOLA MÁS" de Betanzos, é unha tenda onde podedes perder o sentido probando as súas exquisiteces en repostería creativa. As máns de Tamara son máxicas, e delas saen galletas e pastéis listos para acompañar eses momentos especiais entre amigos e familia, aunque tamén para cualquer capricho propio, que deleitarán os paladares máis esixentes.

 
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...