martes, 29 de julio de 2014

As primeiras mazás.


Moitas grazas as nosas boas amigas: Alicia e Teresa, que son as maravillosas anfitrionas da Casa Museo Wenceslao Fernández Flórez en Cecebre. Elas son a alma e o motor da Fundación . Sempre están ahí cun sorriso e un té con historias ou labores, dispostas a facer da nosa visita unha experiencia inesquecibel. Tanto ten que choiva ou quente o sol, elas iluminan ese entorno maravilloso coas súas ideas, propostas, obradoiros e o seu calor e amabilidade. Coa súa xenerosidade e agarimo de sempre nos agasallaron cun cesto de mazás da súa horta, así,  poidemos coñecer esta variedade e elaborar esta riquísima marmelada de mazá e canela.

 
Non dubidedes en acercarvos a esta magnífica casa e deixarse levar pola amena visita guiada de Alicia, que os transportará a os comezos do século XX cando Cecebre era un espazo de veraneo da élite coruñesa e madrileña, que curiosamente aínda non elexía a costa para as súas vacacións. Se pechades os ollos e seguís as historias que os contarán, podedes imaxinar e recrear, tardes de lecer no seu fermoso xardín, grupos de homes con traxe branco e canotier , lánguidas mulleres elegantemente vestidas tomando o té ou xogando ó croquet e corros de nenos e nenas perseguindo un aro ou facendo carreiras de sacos...  E se escoitades en silencio, o ruído da brisa movendo as ramas das  árbores case podedes ver desfilar algún que outra persoaxe das novelas do autor: Fendetestas, Marica da Fame, Fiz, ou a mesma Santa Compaña... e o final, a sirena do tren fará  rematar a tarde. 

2 comentarios:

  1. ¡Muy bonito todo ese entorno!

    ResponderEliminar
  2. Si é moi fermoso, pero o mellor son as persoas co manteñen vivo.
    Grazas por comentar.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...