Páginas

Páginas

lunes, 14 de julio de 2014

Xa temos cabaciño!

Xa temos Cabaciño!







Mmmm! A de cosas ricas que imos facer co cabaciño: pisto, cremas, marmelada, ratatouille...



Sabíades cas frores cómense tamén? Si, si e non é algo novedoso, xa ven de lonxe, pois xa na antiga Grecia e Roma as usaban para deleitar os seus sentidos. Nos descubrímola receita nun libro moi interesante de cociña italiana vexetariana: "La cucina verde" de Carlo Bernascone e Larissa Bertonasco. é un libro moi recomendabel polo sinxelo, ameno e as preciosas ilustracións. Ben, pois velaí vai a nosa versión da receita.


Frores de cabaciño fritidas

 Despóis de lavalas ben e secalas cunha servilleta, rebozanse en  masa de tempura:
  • 1 ovo,
  • fariña (aprox 1 cunca),
  • un pouquiño de sal e  media culler de azucre
  • 1 a 1 1/2 cunca de auga fría.
Fritilas en aceite moi quente e... comelas quentiñas. Xa está!



Non vos apetece facelas? Probade e ...


Xa me diredes se resultóu

No hay comentarios:

Publicar un comentario