lunes, 16 de noviembre de 2015

TEMPO DE ... COGOMELOS

Chegou o tempo dos cogomelos, chouparros, pan de raposo, pan de sapo ou pan de cobra, según cada quén.



Esta fin de Semana estivemos en Portaventosa - Lira - Carnota - A Coruña




Onde poidemos facer unha das moitas actividades, que realizan. 
Sair O Monte!!!
 E..... 




 Atopar ...


Cogomelos Chouparros, Pan de raposo,




 E logo da recollida... a clasificación


 


  












  Posta 
            en 
                    común





OBRADOIRO de Marmelada

Cogomelos e Cebola







E coma sempre, hai que probalos... Neste caso 

MARMELADA DE COGOMELOS CON CEBOLA


Boisima!!!


Marmelada de Cogomelos e cebola - Meigamoura

sábado, 31 de octubre de 2015

FELIZ SAMAIN!


Lembrade que esta noite e a comuñón cos espíritos dos 

defuntos que, especialmente nestas datas do 31 de 

outubro ó 1 de novembro, terían autorización para camiñar 

entre os vivos.

 Abrense as portas entre este mundo e alén, 

dándonos a posibilidade de reunirnos  cos nosos 

antepasados mortos.

sábado, 10 de octubre de 2015

Irgade


Xa somos Irmandiños!


Museo do Viño de Galicia - Santo André de Camporredondo - Ribadavia - Ourense


E coma nós moitas outras empresas agroalimentarias e adegueiros







Grazas, por deixarnos formar parte desta Irmandade

domingo, 30 de agosto de 2015

Torta Luxuria Diabética



Que mellor agasallo que poder convidar ás tuas amizades con Marmelada Meigamoura no día do teu aniversario.

Alicia enviounos a sua Torta Luxuria Diabética, feita con moito amor e coa nosa marmelada de Licor Café.

Mírade que que boa pinta ten, é moito mellor saberá...


Torta Luxuria Diabética 
Parabéns Alicia, no día do teu aniversario

jueves, 6 de agosto de 2015

A tarta de queixo de Silvia


 Xa fai tempo que non publicamos na sección "A vosa Cociña".
 Non tiñamos fotos das vosas recetas con marmelada Meigamoura.
 Pero onte, chegóunos esta imaxe...



Mirade qué boa pinta ten esta tarta de queixo feita pola nosa clienta Silvia. Ela contóunoss que non quedóu nin a proba. Normal. Quén pode resistirse a unha torta de queixo caseira feita con marmelada Meigamoura de amorododo?.
Grazas por compartila con nós.

lunes, 3 de agosto de 2015

E Sada voltóu ós anos 20...


E Sada voltóu ós anos 20...


con moita elegancia, beleza e estilo.

Coches antigos, jazz, swing, charlestóns e tangos...



Bañistas, cine, tenis e Globo

Diversión e ledicia...




Ilusións,  risas.


Cócteles, limonada e" La Terraza"  






Estes son só algúns momentos que vivimos estes días.
Quedan moitos que non están nestas imaxes. Moita xente que coñecimos e atopamos.
Moitas grazas a  tód@s polo voso apoio e complicidade. E sobre todo ao equipo da organización, polo seu traballo, esforzo e por contar con nós outra vez...


miércoles, 29 de julio de 2015

4ª FEIRA MODERNISTA SADA 2015




Dende o Venres 31 de Xullo ate o Domingo 2 de Agosto, estaremos na Feira Modernista de Sada.
Non volo perdades, haberá moitísimas atraccións, música, actividades e sorpresas.
 Ademáis no noso stand, o Sábado podedes tomar un exquisito cóctel Meigamoura e bailar divertidos Foxtrot e Charlestóns.
Xa sabes, vístete dos loucos anos 20 e ven a disfrutar a Sada este fin de semán.


martes, 28 de julio de 2015

Feitizo dunha tarde de Verán






 O Verán.
 O río.
 O serán.
 Sestear á sombra das árbores,
 guiñando os ollos ós reflexos do sol
 mentras, escoitas o murmullo da auga seguindo o seu cauce,
 deixándote arrolar polo  canto dos paxaros  e o rumor das follas ca brisa da tarde,
  invitando a feiticeiros sonos.


 Risas, charlas, lecturas...
 Qué pracer unha merenda no río en compañía dos amigos!


Té, biscoito, limonada, pastas, champagne, e coma non, 
marmelada "O feitizo" de Meigamoura.



sábado, 25 de julio de 2015

DIY: Queiroas para unha voda


DIY
Do it yourself!.
Fáino ti mesmo!
Unha voda especial?. Unha voda nun pazo galego, coa choiva acariñando as follas das árbores dun xardín centenario...


Qué mellor que as queiroas para engalanar as bolsiñas de liño feitas a man, que agochan os agasaios para os teus convidados.




Agrada os teus amigos e familiares cun detalle especial  no teu evento. Fáino ti mesmo, ou se non tés tempo...
Confía en Meigamoura para eses momentos especiais. Sabemos o que queres. Algo exclusivo, orixinal, personalizado, ÚNICO, coma ti, coma a túa Voda.

viernes, 3 de julio de 2015

O Feitizo de Meigamoura



Temos unha grande nova e queremos que sexas o primeiro en sabelo...
Presentámoste a nosa nova marca de marmelada: O Feitizo de Meigamoura
Un ano despóis, creamos unha liña nova porque somos conscientes de que queredes o mesmos sabores e variedades durante máis tempo...
Por iso traémosche, co mesmo esmero e calidade de sempre, feitas a man con todo o noso agarimo, as mellores marmeladas artesás, feitas con froita  de Galicia. Máis sabores, máis variedade, pero a mesma calidade e compromiso polo natural.
O Feitizo de Meigamoura


O Feitizo de Meigamoura, tan Meigamoura coma sempre, durante máis tempo!!!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...