domingo, 30 de noviembre de 2014

Tempo de agasaios - Concurso Meigamoura






Xa estamos no Nadal, e todos andamos a pensar con que agasallo especial queremos obsequiar aos nosos. 

Nós dende aquí queremos regalaravos e compartir con todos vós o noso xeito de facer as cousas, con amor, tradición, lembranzas, sabedoría.... Por iso se este Nadal,  non só queres obsequiar alguén cunha boa marmelada artesá, que saibas que  tamén representa a oportunidade única de que alguén  leve o noso tempo, a  nosa creatividade e noso esmero.
Agardamos os nosos agasallos. Enviádenos unha foto onde podamos ver os vosos sorrisos, as miradas, as expresións das vosas caras o degustar as nosas marmeladas.
Nos publicarémolas no Facebook e o gañador, recibirá un presente noso o día de Reis.

Animadevos e participade!




viernes, 28 de noviembre de 2014

O Nadal chegóu á tenda: LA CEREZA




O Nadal chegóu á "La CEREZA" da man de Meigamoura.
Prepara o teu Nadal, mercando nesta tenda, onde atoparás sen dúbida a calidade que buscas.

Situada na céntrica rúa Panaderas, é todo un pracer visitala e deixarse asesorar polos seus amables donos. Dende embutidos ate viños, pan, doces e conservas, froitas e productos delicatessen.
 É un deleite para os nosos sentidos franquear a súa porta e deixarse levar polos aromas e sabores que nos ofrecen.

 Xa sabes, este Nadal as túas ceas, comidas e xuntanzas mellor cos productos de LA CEREZA.

jueves, 27 de noviembre de 2014

Aínda non te enteraches que estamos de SORTEO?


Aínda non te enteraches que estamos de SORTEO?
Pois si, a qué esperas?. Aquí tés toda a información. Deixa o teu comentario e... MOITA SORTE.
Podes gañar un surtido de exquisitas marmeladas Meigamoura.


viernes, 21 de noviembre de 2014

Xa temos 2000 visitas!!! e SORTEO


Xa temos 2000 visitas!!!
 Moitas grazas por estar ahí e darnos todo o voso apoio e agarimo. Sen vós, esta aventura non sería posíbel.
Por iso queremos celebralo da mellor maneira que sabemos: cun  SORTEO.
Queredes recibir un selecto surtido das nosas mellores marmeladas?



 Só tedes que deixar voso comentario o final do artigo e despóis, farémolo sorteo premiándovos cun surtido das nosas mellores marmeladas.
Estas son as bases:



Animádevos e participade, é moi sinxelo.
Moita sorte a todos!!!

domingo, 16 de noviembre de 2014

Pon feixoas na túa mesa !!!







 As feixoas ou falsos guayabos (Acca sellowiana) son unhas deliciosas froitas apreciadísimas non só polo seu sabor ou aroma, senón polas súas beneficiosas e incontábels propiedades para a nosa saúde. Orixinarias de América do Sur, chegaron fai anos a nosa terra e aquí descubriron unhas condicións climáticas idóneas para elas.

   Ideais coma postre ou en ensaladas. Crudas ou cociñadas, en zumes, xaleas, compotas ou riquísimas marmeladas. Están boísimas!           
 De seguido, dámosche algunhas razóns para incluir esta froita na túa dieta.

  1. Son unha bomba vitamínica. É rica en vitaminas A, B1,B2, B3, B6, B9, C y E.
  2. Teñen un alto contido en ácido fólico.
  3. Fonte de minerais: Potasio, Calcio, Ferro, Manganeso, Sodio e Zinc.
  4. Son o mellor remedio para curar e evitar catarros, gripes e resfriados.
  5. Son un gran antidepresivo, alivia a fatiga, o cansancio...
  6. Axuda a previr a anemia.
  7. O seu alto contido en Iodo axuda á glándula tiroidea .
  8. Aumenta os niveis de glóbulos vermellos.
  9. É dixestiva, xa que estimula a formación dos ácidos estomacales.
  10. Son moi beneficiosas nas enfermedades cardiovasculares e unha grande axuda para controlar o colesterol e a hipertensión, polo seu alto contido en pectinas..
  11. É unha das froitas e hortalizas que máis contribuen ó crecimento, pola seu gran contido en clorofila.
  12. Ricas en antioxidantes contribuen a eliminar os radicais libres, polo que son o segredo da eterna xuventude.
Por todo esto,

 Pon feixoas na túa mesa... 


con  Marmeladas Meigamoura!!!

viernes, 14 de noviembre de 2014

BISCOITO CON CREMA DE CASTAÑAS E CASTAÑAS CARAMELIZADAS

Chegou o tempo das castañas, hum!! Qué ricas!!, cocidas, asadas, crúas, en crema, caramelizadas, marrón glacé, etc... 

Aquí en Galicia, temos unha festa especial pra elas, O MAGOSTO. Celébrase nos días comprendidos entre o 1 de novembro (día de Tódolos Santos) e o 11 de novembro (día de San Martiño) nesta festa non faltan as castañas asadas o lume, o viño novo e os chourizos. Tamén fanse colares con elas que chámase Zonchos, pero as castañas están cocidas.

A nós tráenos lembrazas da infancia, cando paseando pola rúa Real, nas tardes de outono e inverno chegábannos os arrecendos da súa asadura e íamos dereitiñas ó carrito das castañas a mercar  o cucurucho de castañas quentiñas. Qué boas estaban!

Hoxe, falaremos un pouquiño deste froito, tan antigo na nosa cultura e que ata a chegada da pataca utilizábase moito, xa que podíase ter almaceado en boas condicións, dende outubro ata marzo.

As castañas teñen poucas calorías e combínase moi ben co seu alto contido en fibra. Son ricas en minerais (manganeso, potasio, ferro, fósforo e baixo contido en sodio), grasas, hidratos de carbono, proteínas e vitamina C, E

Polo seu alto contido en fibra é un alimento moi axeitado contra o estreñemento.

Utilízanse tamén en dietas de adelgazamento, xa que exercen un efecto saciante. Algúns estudos atribuen propiedades antiinflamatorias e vasculares.


BISCOITO CON CREMA DE CASTAÑAS E CASTAÑAS CARAMELIZADAS

Compoñentes: 250 gr de fariña, 50 gr de manteiga, 75 gr azucre, 3 ovos, 1 sobre de levadura en po. Crema de castañas Meigamoura, Castañas caramelizadas Meigamoura.
Elaboración: Misturamos a fariña coa manteiga, as xemas dos ovos e o azucre. Noutra cunca bateremos as claras dos ovos a punto de neve. Engadimos o sobre de levadura á masa e remexemos. Logo, pouco a pouco, procurando que a masa colla aire, (poderemos utilizar unha espátula) engadimos a clara de ovo batida a punto de neve, ata que quede todo misturado. Colleremos un molde e untarémolo de manteiga e un pouco de fariña, darémoslle a volta para quitar a fariña sobrante e poñeremos  a masa nel. Coceremos no forno uns 20 minutos a 180º C e cando esté doradiño pincharemos cun coitelo e se sae limpo quitarémolo do forno.
Deixaremos que arrefríe un pouco, e logo, partirémolo pola mitade en sentido horizontal. Engadiremos entón, coa axuda dunha culler ou espátula a crema de castañas Meigamoura. De seguido colocaremos a outra capa de biscoito enriba e coa axuda dun saco de confeitar, faremos adornos coa crema de castañas. Engadiremos unhas castañas caramelizadas Meigamoura por riba para adorno. Non esquezades aproveitar o almíbar das castañas para botarlle por riba o biscoito, xa que o comelo deixa un regusto...
Se non queredes adornalo con crema de castañas por riba, podedes utilizar tona, chocolate, etc...
E bo proveito!
https://sites.google.com/site/demermeladasyotrascosas/biscoito-con-crema-de-castanas-e-castanas-caramelizadas

miércoles, 12 de noviembre de 2014

Tostas de lombo e marmelada de cervexa Meigamoura.


As tostas son un grande recurso para ceas, merendas e aperitivos. E qué mellor que darlles un xeito novo cun toque de marmelada Meigamoura, para facelas únicas e exquisitas.
Nesta ocasión,  preparamos unhas tostas de lombo e marmelada de cervexa Meigamoura, da seguinte maneira:
 Sobre unha base de cebola confitada, montamos os anacos de lombo e forneamos uns minutos a 200º. Unha vez fora, rematamos a tosta cun aire de marmelada de cervexa Meigamoura.

https://sites.google.com/site/demermeladasyotrascosas/tostas-de-lombo-e-marmelada-de-cervexa-meigamoura

Non sabedes o boas que estaban...

lunes, 10 de noviembre de 2014

PURÉ DE PATACAS CON MARMELADA DE ESTRUGAS



Chegan as chuvias e os ventos, xa mudou o tempo. E para prepararnos, debemos mudar a nosa alimentación cuidandola un pouquiño mais. Hoxe vouvos a falar das estrugas.

As estrugas, son esas plantiñas tamén coñecidas como herba dos cegos. En Galicia, podemoslas atopar a miudo polos camiños. Son facilmente recoñecidas xa que si nos achegamos a elas e rozamolas producennos un picor ou urticaria.

Non debemos de consumir as que están nos camiños, xa que a contaminación tamén cheganlle a elas. Debemos adentrarnos no monte ou bosques e atopalas do mesmo xeito que imos en busca de cogomelos.

Pero esta pranta tan desprestixiaga, ten moitas propiedades.
  • Nutricionalmente e de gran importancia xa que conten  flavonoides (de acción antioxidante e antinflamatoria), sales minerais, ácidos orgánicos, pro vitamina A y C, mucílago, ácido fórmico, clorofila, taninos, resina, silicio, acetilcolina, potasio, glucoquininas e unha gran cantidade de clorofila (de ahí sua cor verde escuro e intenso), histamina e serotonina.
  • As estrugas  tamén posee unha sustancia chamada secretina, que e un dos mellores estimulantes das secrecions estomacales, do páncreas e da bilis, así como dos movementos peristálticos do intestino.
  • Tamén posee clorofila e ácidos orgánicos, os que debese seu marcado efecto diurético.



PURÉ DE PATACAS CON MARMELADA DE ESTRUGAS








Compoñentes:  1/2 Kg de patacas, 1 vaso de leite enteira, unhas areiñas de sal, manteiga, 1 cullerada de marmelada de Estrugas Meigamoura

Elaboración :  Pelar as patacas e cortalas en anaquiños, coller unha pota e poñela o lume, unha vez que a auga esté quente botar as patacas e deixalas cociñar durante vinte minutos. Pasado ese tempo escurride a auga e votadelas nunha cunca, ali coa axuda dun garfo aplastamolas  ata formar unha pasta. Logo engadimos o leite, a sal, a manteiga, e misturamos  tódolos ingredientes ata conseguir unha pasta homoxénea. Por último engadiamos a cullerada de marmelada de estrugas e misturaremos novamente ata que quede ben repartida pola pasta.

Poñerla nun prato, e acompañala de peixe, carne, ovos, etc... 


https://sites.google.com/site/demermeladasyotrascosas/pure-de-patacas-con-marmelada-de-estrugas

E bo proveito!

viernes, 7 de noviembre de 2014

Cousas que facer cun tarro de marmelada vacío


 

Despóis da terrible sensación de vacío que che queda ó rematar un tarro de marmelada Meigamoura, xurde a pregunta:
- E agora, qué?. Qué facer cun tarro de marmelada vacío?


O mellor , sen dúbida é reutilizalo...


 



Qué tal se o recheamos novamente de marmelada Meigamoura?. Nós reutilizamos os tarros, as tapas nunca, pero os botes de vidro poden ser utilizados moitas veces, sen problemas.

Pero ó mellor tés algunha inquietude creativa e queres deixar voar a túa imaxinación, pois mira que ideas tan boas encontramos aquí para que te inspires...
Podemos utilizalos de floreiros, cun cachiño de corda, cordón de cores ou lazos, quedan moi  ben, non sí?


 

Ou facer a típica manualidade de sal teñida con tizas de cores...



farolillos...












ou botes para os lápices...






Qué  dís cos teus postres favoritos?





Pero o mellor é decoralos  para agasallos, rechealos do que máis nos guste e compartilos...


Xa vedes a de cousas que podemos facer cun tarro de marmelada Meigamoura vacío...



Crema de castañas Meigamoura


Xa podedes probar a exquisita Crema de castañas Meigamoura, e as nosas castañas caramelizadas.
Boísimas!!!
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...