Encántanos o Tiramisú. 
Xa sabedes esa sobremesa fría de orixe italiano, que se monta en capas  de nata, biscoitos, café, licor e chocolate...mmmm , irresistíbel!!! 
Existen moitas versións desta receta... Pode facerse de moitas maneiras, con ovo, sen él, con froitas, distintos licores ou sen él... Ésta é a nosa proposta de Tiramisú, agardamos que vos agrade.
 
Precisamos:
 ♥ Biscoitos
de Soletilla
 ♥ Unha cunca de café  
 ♥ Marmelada de
licor café Meigamoura  
 ♥ 200 gr de queixo Mascarpone 
 ♥ Chocolate
raiado 
 ♥ 500 gr de nata para montar.
 cando esté montada se mestura co queixo Mascarpone e a marmelada de licor-café Meigamoura
 Tamén se mestura o café e a marmelada Meigamoura. Despóis, mollamos os
biscoitos, un a un, co café e colócanse no recipiente cubrindo o
fondo 
encima dos biscoitos bótase a mestura de nata e queixo por
enriba
 e vólvese poñer unha capa de biscoitos bañados en café.
 Cubrimos de nata. 
 Ráiase o chocolate por enriba en forma de adorno.
 Ponse a arrefriar e ... Xa está!!!  
Servide e disfrutade 
![]()  | 

No hay comentarios:
Publicar un comentario