jueves, 30 de octubre de 2014

Feliz Samaín!!!


Feliz Samaín con marmelada de cabaza Meigamoura.
Mmm... irresistíbel!

viernes, 24 de octubre de 2014

FILLOAS CON MARMELADA

TEMPO DE CABAZAS

Chegan as cabazas, coas suas formiñas e cores. E nós queremos compartir con todos vos a nosa marmelada de cabaza.

Convidámosvos a que coñezades as propiedades deste vexetal.
  • Atopamos no seu interior un aporte moi adecuado de fibra, polo tanto axúdanos neses momentos nos que padezamos un episodio de estreñimiento.
  • Contén un alto compoñente en auga e moi poucos azucres. Habitualmente para facer marmeladas  inclúese a mesma cantidade de azucre que de froita, pero nós imos poñer menos. Teremos unha marmelada relativamente aceptable, non será excesivamente doce nin terá moitas calorías. E sen dúbida unha das máis saudables.
  • Outro beneficio da cabaza e que é un alimento antioxidante. Contén un aporte moi adecuado de carotenos, cumarinas, licopeno... así evitaremos o envexecemento e cuidaremos nosas células do ataque dos radicales ceibes.
  • Tamén un bo diurético. Evitaremos a retención dos líquidos.
  • Outra das súas maravillosas propiedades, é que a cabaza evita as infecciones do aparato respiratorio, axudando a producción dos glóbulos vermellos e brancos.
  • Contén Vitamina A, excelente para o cabelo, pel, unllas, vista, ósos e sistema inmunolóxico.

Agora imos  cociñala. Hoxe toca unha receita faciliña de facer e que gusta ós pícaros.





FILLOAS CON MARMELADA DE CABAZA

Compoñentes:  1 Ovo, 1/2 litro de leite enteira, 1 vaso de fariña, unhas areiñas de sal, manteiga, 1 cullerada de azucre opcional (para os larpeiros), 1 anaco de levadura, marmelada de Cabaza Meigamoura

Elaboración :  Xuntar tódolos ingredientes nunha cunca, agás a manteiga, e misturar ata conseguir unha pasta homoxénea.

Deixar repousar media hora nun lugar fresco. O cabo do tempo poñer unha tixola o lume e quentar, pintar o cu da tixola coa manteiga e ir botando pouco a pouco a pasta anterior ata encher o cu da tixola. Deixar cociñar un minuto, logo dese tempo virar coa axuda dunha culler plana, e cociñar polo outro lado.

Poñerla nun prato, e engadirlle unhas culleradas de marmelada de cabaza e extendela.

Suxerencias: Pódese acompañar de pasas, figos, almenduas, noces, chocolate, tona, etc...
Se non tés marmelada de cabaza, non te apures, trócala por outra marmelada que teñas nese momento.

https://sites.google.com/site/demermeladasyotrascosas/filloas-con-marmelada-de-cabaza

E bo proveito!


miércoles, 15 de octubre de 2014

As nosas Cestas da Compra

Viches as nosas Cestas da Compra?




Se non tés tempo ou non podes atopar productos ecolóxicos perto da túa casa... Déixanos  facerche a compra. Encheremos a túa despensa có mellor da horta das mariñas coruñesas. Productos ecolóxicos e de confianza. Só a mellor calidade e o mellor prezo. O noso compromiso é a calidade e a sostenibilidade. Ti só dinos o que precisas e nós seleccionaremos e farémolo chegar a onde ti nos digas.
Patacas, berzas, tomates, castañas, pimentos,cebolas, froitas... todo o que precises.
Pedidos a Meigamoura, S.L.:


Reparto os xoves.

E se o que prefires son as nosas Cestas de Desayuno ou Merenda, a qué estás agardando?. Bizcochos caseiros, galletas, pan, leite , mel e coma non... as nosas marmeladas.
Ummm! Qué rico!

jueves, 9 de octubre de 2014

Unha tenda con encanto: TANGERINA AND CO Specialty Grocery Store


 




As veces acontece que abres a porta dun comercio e sintes unha irresistíbel sensación de atracción e curiosidade...
 Hai unha tenda na que ó entrar sentiraste atrapado polo seu encanto, a súa magnífica decoración e  cuidada selección de caprichos gastronómicos, é... TANGERINA AND CO.  
Un novo concepto de tenda na cidade de A Coruña, que aposta por recuperar un xeito olvidado de mercar e vender. É unha volta as pequenas tendas de barrio, onde os tendeiros ofrecían todo o seu  saber facer e agarimo para brindarnos un trato personalizado e de calidade.

 https://fbcdn-sphotos-d-a.akamaihd.net/hphotos-ak-xpf1/v/t1.0-9/10689566_725495130863847_8493806260010021303_n.jpg?oh=2c3a814a009639ddba1be43d0f47d81a&oe=54BC8CFB&__gda__=1421247377_2ff2a380ce91a9a560266a79e19d69b2
 Coma se volveras ós teus tempos da infancia, nos que collido da man da túa nai ,explorabas no colmado da esquina un mundo de sensacións, de olores, colores e sabores novos que invitábante a soñar e viaxar coa imaxinación a lugares lonxanos...

Situada nun dos lugares máis bonitos da Coruña, no Paseo da Dársena... Nela atoparás exquisiteces que sorprenderán os paladares máis esixentes, aportando un pouco de  color e sabor a túa despensa e a túa vida.



https://scontent-b-cdg.xx.fbcdn.net/hphotos-prn2/v/t1.0-9/p417x417/10170993_630295257050502_1977380968_n.jpg?oh=669fddee75510871eb9bc8bbe00808d2&oe=54AA83BC

Recupera o pracer de volver a sentir o que mercas, de mirar, probar, oler, deleitarse e comparar os productos... Coa exquisita atención e asesoramento da encargada da tenda, Bárbara Liaño, a túa visita non te defraudará. 







martes, 7 de octubre de 2014

TORTILLA DE PATACA CON MARMELADA DE CEBOLA CONFITADA

Creamos este apartado pola demanda dos nosos clientes, que moitas veces nos preguntan cómo tomar as nosas marmeladas. Nós dámosvos unha pequena indicación, pero estivemos a pensar que o mellor  e convidar a que probedes os nosos pratos e compartir con todos a nosa sabedoría de facer unha cociña diferente.

Cada semana iremos engadindo un novo prato, pode ser doce o salgado, ou simplemente unha bebida.

Queremos convidarvos a que probedes as nosas marmeladas no só en torradas para o almorzo, senón tamén no día a día da cociña. Agardamos que aprendades a cociñar doutro xeito, dun modo sinxelo e que poidades sorprender aos vosos convidados á mesa  cun toque diferente.

Moitas grazas, a toda a xente que siga a nosa cociña.


TORTILLA DE PATACA CON MARMELADA DE CEBOLA CONFITADA





Ingredientes:  6 Ovos, 4 patacas medianas, Aceite, unhas areiñas de sal, 2 culleriñas de marmelada de cebola confitada (Meigamoura).

Elaboración: Lavamos e pelamos as patacas, picámolas moi finas. Poñemos unha tixola ao lume e botámoslle aceite, e cando esté quente engadimos as patacas e fritímolas sen as torrar. Cascamos os ovos, e batémolos; engadimos as culleradas de  marmelada de cebola e batemos novamente, engadimos as patacas a esta mistura e salgamos ao gusto. Misturamos tódolos ingredientes.
Noutra tixola quentamos unhas pingas de aceite, e botamos a mistura anterior. Cociñamos un minutiño e colocamos un prato (ou unha viradeira) enriba da tixola e virámola. Volvemos a introducir novamente a tortilla para cociñala pola outra beira. Cociñámola ao gusto. Se queremos que o ovo quede máis callado deixaremos facer uns minutiños máis, por cada beira.
Unha vez rematada, podémola engalanar cunhas follas de leituga.
https://sites.google.com/site/demermeladasyotrascosas/tortilla-de-pataca-con-marmelada-de-cebola-confitada

E, bo proveito!

jueves, 2 de octubre de 2014

A Tenda da Abuela en Arzúa


Hai unha tenda especial en Arzúa. Onde todo o que venden é dunha calidade excepcional. Os seus donos encárganse de todo con moito agarimo e exquisito gusto, para facer da túa visita unha grande experiencia.
 Alí, están as nosas marmeladas. Mirade como nos presentan.



É todo un orgullo chegar as mesas da xente de Arzúa a través desta tenda.
 Moitas grazas!!
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...