miércoles, 25 de marzo de 2015

SUXESTIÓNS MEIGAMOURA



Aquí atoparedes unhas suxestións para combinar e mesturar as nosas marmeladas....
con queixos





jueves, 5 de marzo de 2015

The World´s Original Marmelade Awards 2015


Pois si amigos, a fin de semán pasada celebróuse en Cumbria, Inglaterra, en la Dalemain Mansion  o prestixioso certame a nivel mundial Dalemain Marmelade Awards.




10th Anniversary' Dalemain Marmalade Awards & Festival 2015

Nun entorno marabilloso,  a mansión Dalemain é coma seu nome indica, unha casa solariega de estilo georgiano de 1744, rodeada duns xardíns de gran importancia botánica e histórica. Aquí, dende fai 10 anos, celébrase un concurso de gran sona internacional. Onde os máis expertos e coñecedores do ámbito das marmeladas fan de xuíces para escoller as mellores marmeladas do mundo. Alí concurriron máis de 2000 marmeladas chegadas de tódolos continentes.

Dende Xapón, Australia, India, Canadá, Bahamas, Taiwan, Francia, República Checa, Nueva Zelanda, Romanía, Irlanda, España... chegaron miles de tarros de marmelada, ate este reino de mestres marmeladeros, Inglaterra, berce das mellores marmeladas do mundo. Todos con moita ilusión, dispostos a participar , disfrutar da experiencia e sobre todo aprender...

E dende Galiza, tamén viaxou Meigamoura, cunha marmelada de exquisitas clementinas de Cecebre e ...

 conseguíu un Bronce na categoría "Any Citrus".

Estamos encantadas!!!!!!!

☺☺☺☺☺☺☺

martes, 3 de marzo de 2015

Síntese a primaveira



 


Aínda non mudóu a estación máis , pouco a pouco, a natureza vai dando mostras do seu despertar ...

 

Pequenas froles brotan, escóitanse os paxaros...
O cheiro das candeas acompáñanos nos nosos paseos...




Todo renace, síntese o cambio, outra vez.



Síntese a primaveira.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...