miércoles, 25 de febrero de 2015

FILLOAS CON MARMELADA DE OPORTO

Chega o Entroido e nós dende aquí queremos compartir con vos unha das nosas recetas.







Ingredientes : 1 oso salgado do espinazo do porco, Fariña, 2 ou 3 ovos, 3 litros de auga, unhas areiñas de sal, un anaco de touciño (so a graxa)

Elaboración: Deixar a remollo o oso de espinada a noite anterior para desalalo. Poñelo a cocer en auga quente a lume moderado así como 1 hora ata que a cor sexa turbia. Unha vez cocido retirar o so, colar o caldo e deixar enfriar. Xa frio vaise engadindo pouco a pouco a fariña, a que admita ata obter un líquido cremoso e sen grumos dun corpo semellante a tona liquida. Se engaden logo os ovos moi ben batidos misturando ben, se proba o liquido e se rectifica de sal se fora necesario e se deixa reposar uns 30 minutos. Antes de facer as filloas remexer novamente o líquido.


Elaboración das filloas: Trinchar cun garfo o touciño e untar o fondo da tixola quente. Verter un pouco de líquido cunha culler, movendo o tempo a tixola de modo que o liquido cubra todo o seu fondo. Deixase facer a lume suave tan só uns momentiño primeiro dese lado e logo daselles a volta con coidado collendoa pola beira axudandonos da punta dun garfo, e deixandola facer pola outra cara.


Quitalas da tixola e poñelas nun prato. renchelas de Marmelada de oporto Meigamoura e logo enrrolalas ou doblalas.


Para que estén mais gustosas depende o grosor das mesmas, canto mais finiñas estean maís sabedoras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...