jueves, 31 de julio de 2014

Feira Modernista Sada 2014



Vide todos este fin de semán a Feira Modernista de Sada con Meigamoura!. Será unha viaxe no tempo cara os felices anos 20... Haberá música, cine, bailes, degustacións, animacións e moitas sorpresas, pero o que non pode faltar é a marmelada Meigamoura.

martes, 29 de julio de 2014

As primeiras mazás.


Moitas grazas as nosas boas amigas: Alicia e Teresa, que son as maravillosas anfitrionas da Casa Museo Wenceslao Fernández Flórez en Cecebre. Elas son a alma e o motor da Fundación . Sempre están ahí cun sorriso e un té con historias ou labores, dispostas a facer da nosa visita unha experiencia inesquecibel. Tanto ten que choiva ou quente o sol, elas iluminan ese entorno maravilloso coas súas ideas, propostas, obradoiros e o seu calor e amabilidade. Coa súa xenerosidade e agarimo de sempre nos agasallaron cun cesto de mazás da súa horta, así,  poidemos coñecer esta variedade e elaborar esta riquísima marmelada de mazá e canela.

 
Non dubidedes en acercarvos a esta magnífica casa e deixarse levar pola amena visita guiada de Alicia, que os transportará a os comezos do século XX cando Cecebre era un espazo de veraneo da élite coruñesa e madrileña, que curiosamente aínda non elexía a costa para as súas vacacións. Se pechades os ollos e seguís as historias que os contarán, podedes imaxinar e recrear, tardes de lecer no seu fermoso xardín, grupos de homes con traxe branco e canotier , lánguidas mulleres elegantemente vestidas tomando o té ou xogando ó croquet e corros de nenos e nenas perseguindo un aro ou facendo carreiras de sacos...  E se escoitades en silencio, o ruído da brisa movendo as ramas das  árbores case podedes ver desfilar algún que outra persoaxe das novelas do autor: Fendetestas, Marica da Fame, Fiz, ou a mesma Santa Compaña... e o final, a sirena do tren fará  rematar a tarde. 

domingo, 27 de julio de 2014

DIY: Cómo presentar un agasallo dun xeito orixinal e fácil

Tes que facer un agasallo  y queres empaquetarlo dun xeito distinto, orixinal e persoal?.



Seguro que tes moitos recursos na casa, mira ben e atoparás moitos papeis, cartóns, caixas  de cereais, galletas, ovos, etc. que podemos reutilizar para que noso paquete quede cun toque especial.
A nosa idea de hoxe é moi sinxela, cunha bolsa e unhas follas secas de laurel o noso agasallo falará por nós , e levaralle ao noso destinatario unha mensaxe de agarimo e amizade.
Qué vos parece?

marmelada de... estrugas?


 http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/d/d2/Illustration_Urtica_dioica0.jpg

  Unha merenda entre amigos, unha cea improvisada...
Hoxe toca, marmelada de estrugas  Meigamoura, acompañando uns ricos queixos...
De estrugas?  e iso que é?
 Estruga en galego, ortiga en español, urtica dioica en latín, é decir, esas herbas de toda a vida que abundan polos campos e arruinan moitas das nosas excursións.

E, por qué de estrugas?. Pois porque é unha delicia e  teñen moitas propiedades beneficiosas para o noso corpo. Teñen propiedades laxantes, diuréticas,dixestivas, antidiabéticas e circulatorias. Favorece a eliminación de líquido e toxinas. Previene e alivia os síntomas de males coma artritis, artrosis, varices e outros trastornos circulatorios, ácido úrico,... Dende sempre foi usada en mediciña para tratar afeccións da pel e o cabelo.




Xa vedes é unha pequena pranta milagreira, que ademáis está moi boa na cociña en tortilla, croquetas, cremas e purés... e agora en marmelada!


A qué esperades a probala?

domingo, 20 de julio de 2014

Un verán entre as roseiras


Ben, ainda que pareza mentira, estamos no verán ... E qué mellor que disfrutar ó aire libre,  da natureza, das paisaxes dos bosques e xardís galegos que tanta fermosura nos ofrecen? É un pracer para os sentidos e un gran remedio  para alexarse dos incordios cotidiáns,  pasear e deixarse levar polos miles de aromas armoniosos e sutiles coma as das roseiras que inundan o aire ao noso paso...

Qué terá o suave aroma das rosas que nos calma e chea de paz, envolvéndonos nunha pracentera sensación? É o aroma  por excelencia. As súas frores e pétalos utilizáronse dende tempos inmemoriais para facer perfumes, xabóns, augas e tratamentos de beleza, xa non só pola súa fragrancia senón polas múltiples propiedades beneficiosas para a pel.






Quén non recolectóu rosas e  na Noite de San Xoan deixounas macerando a luz da lúa, para facela máxica  auga de rosas con que lavala cara na mañanciña ca ilusión da beleza e xuventude?
As rosas...

Frores máxicas, frores belas, fráxiles entre as espiñas, símbolos de tantas cousas...


E nós, coma Tita, a protagonista de "Como agua para chocolate" de Laura Esquivel , intentando experimentar con elas na cociña, facendo marmeladas de rosas. Un luxo para os sentidos!
 Quén sabe? o mellor acontece coma na receita  da novela, e  todos os que as proben descubren emocións e paixóns reprimidas...



lunes, 14 de julio de 2014

Xa temos cabaciño!

Xa temos Cabaciño!







Mmmm! A de cosas ricas que imos facer co cabaciño: pisto, cremas, marmelada, ratatouille...



Sabíades cas frores cómense tamén? Si, si e non é algo novedoso, xa ven de lonxe, pois xa na antiga Grecia e Roma as usaban para deleitar os seus sentidos. Nos descubrímola receita nun libro moi interesante de cociña italiana vexetariana: "La cucina verde" de Carlo Bernascone e Larissa Bertonasco. é un libro moi recomendabel polo sinxelo, ameno e as preciosas ilustracións. Ben, pois velaí vai a nosa versión da receita.


Frores de cabaciño fritidas

 Despóis de lavalas ben e secalas cunha servilleta, rebozanse en  masa de tempura:
  • 1 ovo,
  • fariña (aprox 1 cunca),
  • un pouquiño de sal e  media culler de azucre
  • 1 a 1 1/2 cunca de auga fría.
Fritilas en aceite moi quente e... comelas quentiñas. Xa está!



Non vos apetece facelas? Probade e ...


Xa me diredes se resultóu

sábado, 12 de julio de 2014

Festa das Cereixas






Despóis duns días de moito traballo facendo marmelada de cereixas e guindas...




Cereixas...




Cereixas ...





e máis cereixas...


O domingo por fin, estivemos na Festa das Cereixas en Paiosaco, foi unha experiencia moi bonita. Estivemos con moita xente encantadora que nos brindóu o seu apoio e cariño.

 Moitas grazas a todos!!!


lunes, 7 de julio de 2014

Novas cores, novos sabores...


Mmmmmm, xa están aquí os novos froitos, novas cores,  novos sabores... para facer as nosas marmeladas.
Cereixas, guindas, raños, ameixas vermellas e douradas.


Pola primaveira xa prometían,


e agora no verán, imos disfrutar ben delas.

 Non queredes probalas?

A qué agardades?
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...