miércoles, 31 de diciembre de 2014

Feliz 2015


Dende Meigamoura desexámosvos unha moi boa entrada de ano,  especialmente con moito agarimo a tod@s @s que estades ahí sempre.
Graciñas!!!

domingo, 28 de diciembre de 2014

Especial: AGASALLOS NAVIDEÑOS IV



E seguimos en tempo de agasallos...
 Qué pracer tan grande é compartir con aqueles que queremos "algo" que lles transmita toda a importancia que teñen nas nosas vidas!
Por eso Meigamoura coida eses pequenos agasallos colmados de agarimo, cor, sabor, sorpresa e... todo o que ti desexes.


Por un Nadal máis doce, regala agasallos doces Meigamoura!


miércoles, 24 de diciembre de 2014

Cordero asado e marmelada de viño Mencía Meigamoura

Xa estamos tod@s na cociña, preparando con moito agarimo os nosos mellores pratos, para compartilos ca xente que máis queremos.
Neste Nadal, Meigamoura invítavos a innovar un pouquiño e acompañar as vosas carnes cunha marmelada de viño Mencía Meigamoura, que seguro agradará e sorprenderá os vosos convidados.

Ou se o prefires, servirá coma entrante sobre unhas tostas de queixo.


Feliz Noiteboa!!!

Especial: AGASALLOS NAVIDEÑOS III





Aínda estades a tempo... Agasalla algo especial este NADAL!
Agasallos con sabor, ilusión e cor.
Vive un Nadal máis natural con MEIGAMOURA!!!.

and the winner is...


Pregámoslle ó Anónimo nº 3 que se poña en contacto con nós, para recibir o séu agasallo.
Parabéns!!!

domingo, 21 de diciembre de 2014

LISTA PARTICIPANTES SORTEO MEIGAMOURA







O prometido é débeda...
Aquí está a lista de tod@s @s participantes no noso SORTEO. Non son moitos, pero son os que están...
Mañá saberemos quen resultóu agraciad@.
MOITA SORTE A TOD@S

sábado, 20 de diciembre de 2014

CONTA ATRÁS

Comeza a conta atrás.





Xa só quedan dous días. Mañá, Domingo as 10:00 da noite, sairá a lista de tódolos participantes no SORTEO MEIGAMOURA.

Aínda estás a tempo...
Aquí están as bases para participar.


ANIMÁDEVOS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

jueves, 18 de diciembre de 2014

Especial: AGASALLOS NAVIDEÑOS II

Regala este Nadal Marmelada Meigamoura en packs personalizados, cheos de sabor, agarimo, sorpresas,fantasía e... moito máis.

 

 

 Pero se o prefires contacta con nós, para elexir ti o teu lote. Dínos cómo o queres...Dende o noso taller de regalos estaremos encantadas de axudarche...

Case, case estamos como no taller de Papá Nöel na Laponia...

martes, 16 de diciembre de 2014

A nosa árbore do Nadal na cafetería CELICATESSEN


Estivemos traballando na idea dunha decoración para a cafetería Celicatessen e así quedóu
A verdade é que este Nadal xurden moitas oportunidades de darnos a coñecer, realizando decoracións e escaparates para algúns dos nosos clientes. Neste caso, foi un pracer ...

BO NADAL A TOD@s!!!


Meigamoura no Forno Boamiga





Seguimos co axetreo do Nadal: escaparates, decoracións, lotes e regalos...
Onte estivemos no Forno Boamiga do Paseo de Ronda da Coruña, facendo unha decoración navideña.















 É unha tenda especial ,ca que levamos traballando un tempo, e  sempre, é unha ledicia acercarnos ate alí.O Forno Boamiga é a tenda de sempre, á da esquina, coa confianza, agarimo e cordialidade de toda a vida. Cada cliente é atendido con profesionalidade e esmero.  En cada visita podrás descubrir algunha delicia nova e exquisita...



 Teñen un gran surtido de alimentos e productos artesás e naturais. Panes, froitas, viños, licores, conservas, ovos, leite, pratos preparados, doces, pastas, galletas mariñeiras... Todo o necesario para a túa despensa.


Xa sabedes este Nadal mercarás mellor nas pequenas tendas locais, que saben e coñecen os teus gustos e o que precisas. Que venden calidade ó mellor prezo e cun sincero sorriso.

domingo, 14 de diciembre de 2014

Bos desexos



e... BO COMEZO


Que xa queda pouco...






Só queda unha semán para que remate o SORTEO, aproveitade e participade... Lembrades as bases?. É moi sencilliño, só tedes que deixar o voso comentario aquí
 e xa está...


Animádevos tod@s e sorte!!! Un riquísimo lote de marmeladas vos agarda...

miércoles, 10 de diciembre de 2014

VERACRUZ: Moito máis que un bó café


VERACRUZ: Moito máis que un bó café... 
É un gran pracer pasear polas rúas do centro da Coruña nestas datas. Están fermosísimas, cheas de luces, adornos, xente, vida... pero ao chegar á rúa Riego de Agua, algo, invítanos a disfrutar aínda máis... O inconfundíbel aroma dun magnífico café, recién moído,fáinos acercar a esta acolledora cafetería, buscando o sabor e a calor das conversas en boa compaña...





 Alí, ca exquisita atención do seu xerente, podremos disfrutar e descubrir sabores, tentacións e caprichos que se converten en necesidades das que xa, non podremos renunciar este Nadal, ben sexa para  compartir ca nosa xente ou simplemente, para regalarnos a nós mesmos. Mazapáns artesás, turróns, almendrados, chocolates selectos, deliciosos stollens, auténticos y exquisitos panettones, pedriñas de castañas...
Son tantas as delicias e tan boas, que case, case, é mellor facer unha listiña, si, para que no se esqueza nada...Así,este Nadal, por qué non facer unha lista de desexos do Veracruz?. Velaí vai a nosa...


1- Non podo resistirme ós ALMENDRADOS.
2- O PANETTONE caerá para a Noiteboa...
3- O STOLLEN será o mellor para...
4- E por último... unha crema de castañas caramelizadas Meigamoura é unha aposta segura nestas datas.

domingo, 7 de diciembre de 2014

SORTEOS,SORTEOS,SORTEOS...

Amigos non sei se lembrades que estamos de SORTEO e queremos que tod@s teñades a oportunidade de disfrutar do noso especial agasallo.



É moi faciliño, velaí van as bases para que non se os esquenza participar...



Queremos que tod@a participedes!!!  Quedan poucos días, xa.Veña, animádevos...

viernes, 5 de diciembre de 2014

Especial: AGASALLOS NAVIDEÑOS


Este Nadal queres facer algún agasallo especial e non tes tempo para preparalo?.
En Meigamoura axudámosche a que leves as túas persoas queridas, un detalle orixinal, natural e delicioso.
Non o dubides, este Nadal o mellor é  regalar marmelada Meigamoura. Xa verás...





Ti só dinos de qué sabor a queres e nós personalizamos o teu agasallo o teu gusto. 




Vive un Nadal máis natural con Meigamoura!!

 

martes, 2 de diciembre de 2014

Vive un Nadal máis natural: MEIGAMOURA & BISTRÓ Café-Bar


Vive un Nadal máis natural con Meigamoura en el BISTRÓ Café-Bar da rúa Santiago 17 de A Coruña. Nun rincón maravilloso da Cidade Vella, este acolledor bar pon ó noso alcance os mellores doces e postres cos que acompañar os mellores almorzos e merendas.


Os mellores biscoitos, pastas, tartas... Un café o té , e por qué non un cocktail na mellor compaña, cunha boa música de fondo e nun marco incomparábel  coma o das rúas vellas da Coruña. E sempre coa  atención e sorriso da súa encantadora anfitriona.

Ate aquí chegóu Meigamoura cas súas marmeladas para poñer un toque navideño no escaparate... e quixemos desexar a todos un Nadal diferente, máis natural, que nos deixe máis emocións, calor e sabor.





Queremos que levedes cas nosas marmeladas un montón de:

 

Por que este ano...


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...