Chegan as chuvias e os ventos, xa mudou o tempo. E para prepararnos, debemos mudar a nosa alimentación cuidandola un pouquiño mais. Hoxe vouvos a falar das estrugas.
As estrugas, son esas plantiñas tamén coñecidas como herba dos cegos. En Galicia, podemoslas atopar a miudo polos camiños. Son facilmente recoñecidas xa que si nos achegamos a elas e rozamolas producennos un picor ou urticaria.
Non debemos de consumir as que están nos camiños, xa que a contaminación tamén cheganlle a elas. Debemos adentrarnos no monte ou bosques e atopalas do mesmo xeito que imos en busca de cogomelos.

Pero esta pranta tan desprestixiaga, ten moitas propiedades.
- Nutricionalmente e de gran importancia xa que conten flavonoides (de acción antioxidante e antinflamatoria), sales minerais, ácidos orgánicos, pro vitamina A y C, mucílago, ácido fórmico, clorofila, taninos, resina, silicio, acetilcolina, potasio, glucoquininas e unha gran cantidade de clorofila (de ahí sua cor verde escuro e intenso), histamina e serotonina.
- As estrugas tamén posee unha sustancia chamada secretina, que e un dos mellores estimulantes das secrecions estomacales, do páncreas e da bilis, así como dos movementos peristálticos do intestino.
- Tamén posee clorofila e ácidos orgánicos, os que debese seu marcado efecto diurético.
PURÉ DE PATACAS CON MARMELADA DE ESTRUGAS
Compoñentes: 1/2 Kg de patacas, 1 vaso de leite enteira, unhas areiñas de sal, manteiga, 1 cullerada de marmelada de Estrugas Meigamoura
Elaboración : Pelar as patacas e cortalas en anaquiños, coller unha pota e poñela o lume, unha vez que a auga esté quente botar as patacas e deixalas cociñar durante vinte minutos. Pasado ese tempo escurride a auga e votadelas nunha cunca, ali coa axuda dun garfo aplastamolas ata formar unha pasta. Logo engadimos o leite, a sal, a manteiga, e misturamos tódolos ingredientes ata conseguir unha pasta homoxénea. Por último engadiamos a cullerada de marmelada de estrugas e misturaremos novamente ata que quede ben repartida pola pasta.
E bo proveito!
No hay comentarios:
Publicar un comentario