Páginas

Páginas

lunes, 10 de noviembre de 2014

PURÉ DE PATACAS CON MARMELADA DE ESTRUGAS



Chegan as chuvias e os ventos, xa mudou o tempo. E para prepararnos, debemos mudar a nosa alimentación cuidandola un pouquiño mais. Hoxe vouvos a falar das estrugas.

As estrugas, son esas plantiñas tamén coñecidas como herba dos cegos. En Galicia, podemoslas atopar a miudo polos camiños. Son facilmente recoñecidas xa que si nos achegamos a elas e rozamolas producennos un picor ou urticaria.

Non debemos de consumir as que están nos camiños, xa que a contaminación tamén cheganlle a elas. Debemos adentrarnos no monte ou bosques e atopalas do mesmo xeito que imos en busca de cogomelos.

Pero esta pranta tan desprestixiaga, ten moitas propiedades.
  • Nutricionalmente e de gran importancia xa que conten  flavonoides (de acción antioxidante e antinflamatoria), sales minerais, ácidos orgánicos, pro vitamina A y C, mucílago, ácido fórmico, clorofila, taninos, resina, silicio, acetilcolina, potasio, glucoquininas e unha gran cantidade de clorofila (de ahí sua cor verde escuro e intenso), histamina e serotonina.
  • As estrugas  tamén posee unha sustancia chamada secretina, que e un dos mellores estimulantes das secrecions estomacales, do páncreas e da bilis, así como dos movementos peristálticos do intestino.
  • Tamén posee clorofila e ácidos orgánicos, os que debese seu marcado efecto diurético.



PURÉ DE PATACAS CON MARMELADA DE ESTRUGAS








Compoñentes:  1/2 Kg de patacas, 1 vaso de leite enteira, unhas areiñas de sal, manteiga, 1 cullerada de marmelada de Estrugas Meigamoura

Elaboración :  Pelar as patacas e cortalas en anaquiños, coller unha pota e poñela o lume, unha vez que a auga esté quente botar as patacas e deixalas cociñar durante vinte minutos. Pasado ese tempo escurride a auga e votadelas nunha cunca, ali coa axuda dun garfo aplastamolas  ata formar unha pasta. Logo engadimos o leite, a sal, a manteiga, e misturamos  tódolos ingredientes ata conseguir unha pasta homoxénea. Por último engadiamos a cullerada de marmelada de estrugas e misturaremos novamente ata que quede ben repartida pola pasta.

Poñerla nun prato, e acompañala de peixe, carne, ovos, etc... 


https://sites.google.com/site/demermeladasyotrascosas/pure-de-patacas-con-marmelada-de-estrugas

E bo proveito!

No hay comentarios:

Publicar un comentario