viernes, 14 de noviembre de 2014

BISCOITO CON CREMA DE CASTAÑAS E CASTAÑAS CARAMELIZADAS

Chegou o tempo das castañas, hum!! Qué ricas!!, cocidas, asadas, crúas, en crema, caramelizadas, marrón glacé, etc... 

Aquí en Galicia, temos unha festa especial pra elas, O MAGOSTO. Celébrase nos días comprendidos entre o 1 de novembro (día de Tódolos Santos) e o 11 de novembro (día de San Martiño) nesta festa non faltan as castañas asadas o lume, o viño novo e os chourizos. Tamén fanse colares con elas que chámase Zonchos, pero as castañas están cocidas.

A nós tráenos lembrazas da infancia, cando paseando pola rúa Real, nas tardes de outono e inverno chegábannos os arrecendos da súa asadura e íamos dereitiñas ó carrito das castañas a mercar  o cucurucho de castañas quentiñas. Qué boas estaban!

Hoxe, falaremos un pouquiño deste froito, tan antigo na nosa cultura e que ata a chegada da pataca utilizábase moito, xa que podíase ter almaceado en boas condicións, dende outubro ata marzo.

As castañas teñen poucas calorías e combínase moi ben co seu alto contido en fibra. Son ricas en minerais (manganeso, potasio, ferro, fósforo e baixo contido en sodio), grasas, hidratos de carbono, proteínas e vitamina C, E

Polo seu alto contido en fibra é un alimento moi axeitado contra o estreñemento.

Utilízanse tamén en dietas de adelgazamento, xa que exercen un efecto saciante. Algúns estudos atribuen propiedades antiinflamatorias e vasculares.


BISCOITO CON CREMA DE CASTAÑAS E CASTAÑAS CARAMELIZADAS

Compoñentes: 250 gr de fariña, 50 gr de manteiga, 75 gr azucre, 3 ovos, 1 sobre de levadura en po. Crema de castañas Meigamoura, Castañas caramelizadas Meigamoura.
Elaboración: Misturamos a fariña coa manteiga, as xemas dos ovos e o azucre. Noutra cunca bateremos as claras dos ovos a punto de neve. Engadimos o sobre de levadura á masa e remexemos. Logo, pouco a pouco, procurando que a masa colla aire, (poderemos utilizar unha espátula) engadimos a clara de ovo batida a punto de neve, ata que quede todo misturado. Colleremos un molde e untarémolo de manteiga e un pouco de fariña, darémoslle a volta para quitar a fariña sobrante e poñeremos  a masa nel. Coceremos no forno uns 20 minutos a 180º C e cando esté doradiño pincharemos cun coitelo e se sae limpo quitarémolo do forno.
Deixaremos que arrefríe un pouco, e logo, partirémolo pola mitade en sentido horizontal. Engadiremos entón, coa axuda dunha culler ou espátula a crema de castañas Meigamoura. De seguido colocaremos a outra capa de biscoito enriba e coa axuda dun saco de confeitar, faremos adornos coa crema de castañas. Engadiremos unhas castañas caramelizadas Meigamoura por riba para adorno. Non esquezades aproveitar o almíbar das castañas para botarlle por riba o biscoito, xa que o comelo deixa un regusto...
Se non queredes adornalo con crema de castañas por riba, podedes utilizar tona, chocolate, etc...
E bo proveito!
https://sites.google.com/site/demermeladasyotrascosas/biscoito-con-crema-de-castanas-e-castanas-caramelizadas

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...