jueves, 21 de mayo de 2015

COMO FACER CONSERVAS CASEIRAS?




As vinagretas, as conservas en aceite, pistos, compotas e marmeladas son algunhas das receitas mestras que soen ser susceptibles de conservación. Non obstante, se non tomamos certas medidas preventivas, podemos padecer problemas de saúde bastante serios.


É unha práctica tradicional que realizan moitas familias, polo que recomendamos os seguintes pasos a  hora de elaboralas, de maneira de diminuír o risco para a saúde ao consumilas.



As bacterias contaminan facilmente os alimentos, mesmo en envases pechados hermeticamente. Unha desas bacterias é a encargada do botulismo, unha enfermidade moi grave que pode provocar a morte. Afortunadamente, esta bacteria non medra en medios ácidos, con pH inferior a 4,6, nin tampouco a baixas temperaturas, polo que a súa refrixeración a menos de 4º C permite destruíla.



Para non sufrir sorpresas desagradables a hora de degustar as deliciosas conservas só hai que seguir los seguintes pasos preventivos:

  • Os alimentos deben estar frescos e en perfecto estado.
  • Os vexetais que escollamos deben ser máis ou menos do mesmo tamaño, estar enteiros e sen golpes.
  • Deberán estar no seu punto xusto de maduración, nin verdes nin pasados.
  • Máxima hixiene a hora de tratar os alimentos. Mans limpas, utensilios e táboas impolutas, ademais de envases desinfectados, enxaguados e ben escorridos.
  • Os mellores recipientes para conservas son os de vidro.
  • Para esterilizalos utensilios, primeiro fervémolos durante 15 minutos e logo os escorreremos ben. Deberemos procurar non tocar o interior dos recipientes a hora de movelos.
  • Cando enchemos o envase teremos que facelo de maneira uniforme, que cubra adecuadamente os alimentos.


As conservas vexetais

  • Para conservar verduras, hai que escaldalas.
  1. Os vexetais estarán limpos e débense escaldar. Por cada 500gr., nun recipiente con 4 litros de auga fervendo e 120 ml. de zume de limón.
  2. Encher os envases, previamente esterilizados, ata uns 3 cm. do borde e cóbrense con salmoira.

  • Os encurtidos o vexetais en vinagre, ceboliños, olivas, cogombros, etc...

  1.  Eliminar  o exceso da auga.
  2.  Deixalos macerar no sal durante unhas horas na neveira. 
  3. Para facer salmoira precisamos: 20 gramos de sal por cada litro de líquido de cocción escaldado.
  4. As verduras limpas, enteiras ou escachadas, escáldanse por voltas de 500 gr. nun recipiente con 4 litros de auga fervendo, con 120 cc zume de limón. 
  5. Despois, colócanse nos envases esterilizados, deixando libres 3 cm. ata o borde e reénchense cunha salmoira.


As conservas das  froitas


Marmeladas, confituras, xeleas, en almibre, purés ou pastas de froitas.
As confituras e marmeladas aínda se realizan de xeito tradicional nos fogares e consérvanse durante moitos meses se se manteñen unha serie de precaucións.

Con froita tamén podemos elaborar compotas, xeleas, froita en almibre, purés e pastas de froitas.

Neste tipo de conservas, teñen que ter un pH inferior a 4,5. pra evitar o botulismo.

O azucre é preciso para realizar estes produtos (normalmente un kilo por cada kilo de froita) e excelente pra evitar posibles intoxicacións, xa que reducen a cantidade da auga, un elemento necesario para que proliferen certas bacterias e fungos.


Se o azucre se engade en proporciones inferiores, non actúa coa mesma efectividade contra os microorganismos.

Una vez  introducido o  produto no envase hai que pechalo e metelo nunha ola a presión, un método seguro e sinxelo para envasar.  20 minutos dende que comeza a saír vapor é suficiente para considerar lista a conserva.

Non podemos esquecer que hai que illar os frascos do fondo da ola.

Sen ola a presión pódese recorrer ao baño maría. O tempo preciso para que quede pechado (aínda que depende moito do tamaño do envase e a cantidade de produto que desexemos conservar) oscila entre 1 e 2 horas dende que a auga comeza a ferver.

Ao rematar o proceso, non podemos esquecer a etiquetaxe en cada envase de forma precisa cos datos do contido, o peso, a data de envasado e o tipo de conserva.


Aínda  que as froitas en conserva, na súa maioría posúen un pH inferior a 4,5, o que fai que o Clostridium botulinum perda importancia.

A súa vez, o engadido de azucre a partes iguais a froita ( 1Kg de froita, 1 Kg de azucre), propio do proceso de elaboración de doces, marmeladas e xeleas; favorece a diminución da auga dispoñible para os microorganismos; e desta forma non se poden desenvolver.


E moi importante aclarar que os edulcorantes, ao colocarse en proporcións moito menores, non alcanzan ser efectivas para ese fin. 


Despois de meter a preparación no frasco, é preciso pechalo e sometelo á calor na ola a presión ou noutra ola.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...