Pois xa vedes coma os amorodos son unha fonte de saúde inesgotábel.
Ademais de ter moi poucas
calorías e un alto contido en fibra, que as
fan moi indicadas para dietas de perda de peso, xa que logo regulan os
procesos dixestivos e reducen a sensación de fame, posuén unha grande
concentración de fenois e manganeso, que lles confiren un grande poder
antioxidante e antiinflamatorio. Tamén presentan grandes cantidades de
vitamina C, as do grupo B, K, niacina, biotina, riboflavina, os ácidosb pantoténico, eláxico, fólico e máis potasio. Esta composición convérteos na receta máxica para a saúde e xuventude dos nosos ósos, pel e pelo,
ademais de reforzar o noso sistema inmunolóxico.
Así é moi importante incluír na túa dieta esta froita, e unha maneira rica e natural é tomando marmelada Meigamoura de Amorodo
No hay comentarios:
Publicar un comentario