martes, 7 de abril de 2015

PEITUGA DE PAVO



Preparándonos de cara a primavera ......



Ingredientes:  3 Peitugas de pavo, 250gr de cardo cocido, 250 gr de uvas brancas, 1 benxamín de cava, 600ml de caldo de polo, 6 culleradas de aceite de oliva, 3 culleradas de preve de soia, 4 chalotas, 200ml de tona, o zume de 1/2 limón, 3 culleradas de ceboliño picado, 2 ovos, 50gr de fariña, sal e pementa moida.

Elaboración: Pelar as chalotas e picalas finiño. Misturar o aceite e a preve de soia, engadir as peitugas de pavo. Maceralas tapadas durante 1 hora (dandolle a volta duas veces). Cecer as uvas 3 minutos; escurrilas, pelalas e despepitalas. Reservar. Precalentar o forno a 100ºC. Entretanto, coceer o caldo co o cava e reducir a mitade. Engadir as uvas, a tona e cocer 15 minutos. Engadir o zume do limón eo ceboliño; manter quente. Escorrentar as peitugas e marcalas nunha parrilla; salpimentar. Mantelas quentes dentro do forno apagado. Escorrentar os cardos, pasalos por fariña e ovo. Doralos no aceite quente e escorrentar. Filetear o pavo, napar coa preve e servir co cardo e as uvas. Acompañalo de marmelada de viño branco lexitimo de Betanzos (Meigamoura)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...