lunes, 9 de febrero de 2015

Tiramisú con marmelada de LICOR-CAFÉ MEIGAMOURA





Encántanos o Tiramisú. 
Xa sabedes esa sobremesa fría de orixe italiano, que se monta en capas  de nata, biscoitos, café, licor e chocolate...mmmm , irresistíbel!!!

Existen moitas versións desta receta... Pode facerse de moitas maneiras, con ovo, sen él, con froitas, distintos licores ou sen él... Ésta é a nosa proposta de Tiramisú, agardamos que vos agrade.


Precisamos:


  Biscoitos de Soletilla
 ♥ Unha cunca de café  
 ♥ Marmelada de licor café Meigamoura  
 ♥ 200 gr de queixo Mascarpone 
 ♥ Chocolate raiado 
 ♥ 500 gr de nata para montar.



 
 Primeiro móntase a nata






 cando esté montada se mestura co queixo Mascarpone e a marmelada de licor-café Meigamoura






 Tamén se mestura o café e a marmelada Meigamoura. Despóis, mollamos os biscoitos, un a un, co café e colócanse no recipiente cubrindo o fondo 







encima dos biscoitos bótase a mestura de nata e queixo por enriba






 e vólvese poñer unha capa de biscoitos bañados en café.
 Cubrimos de nata. 
 Ráiase o chocolate por enriba en forma de adorno.







 Ponse a arrefriar e ... Xa está!!!  







Servide e disfrutade 



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...