jueves, 9 de octubre de 2014

Unha tenda con encanto: TANGERINA AND CO Specialty Grocery Store


 




As veces acontece que abres a porta dun comercio e sintes unha irresistíbel sensación de atracción e curiosidade...
 Hai unha tenda na que ó entrar sentiraste atrapado polo seu encanto, a súa magnífica decoración e  cuidada selección de caprichos gastronómicos, é... TANGERINA AND CO.  
Un novo concepto de tenda na cidade de A Coruña, que aposta por recuperar un xeito olvidado de mercar e vender. É unha volta as pequenas tendas de barrio, onde os tendeiros ofrecían todo o seu  saber facer e agarimo para brindarnos un trato personalizado e de calidade.

 https://fbcdn-sphotos-d-a.akamaihd.net/hphotos-ak-xpf1/v/t1.0-9/10689566_725495130863847_8493806260010021303_n.jpg?oh=2c3a814a009639ddba1be43d0f47d81a&oe=54BC8CFB&__gda__=1421247377_2ff2a380ce91a9a560266a79e19d69b2
 Coma se volveras ós teus tempos da infancia, nos que collido da man da túa nai ,explorabas no colmado da esquina un mundo de sensacións, de olores, colores e sabores novos que invitábante a soñar e viaxar coa imaxinación a lugares lonxanos...

Situada nun dos lugares máis bonitos da Coruña, no Paseo da Dársena... Nela atoparás exquisiteces que sorprenderán os paladares máis esixentes, aportando un pouco de  color e sabor a túa despensa e a túa vida.



https://scontent-b-cdg.xx.fbcdn.net/hphotos-prn2/v/t1.0-9/p417x417/10170993_630295257050502_1977380968_n.jpg?oh=669fddee75510871eb9bc8bbe00808d2&oe=54AA83BC

Recupera o pracer de volver a sentir o que mercas, de mirar, probar, oler, deleitarse e comparar os productos... Coa exquisita atención e asesoramento da encargada da tenda, Bárbara Liaño, a túa visita non te defraudará. 







No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...