domingo, 29 de junio de 2014

Meigas e Mouras: o porqué de Meigamoura



Os bosques galegos están cheos de maxia... Habitados por seres fantásticos e encantados, que se esconden e amosan nos cruces, nas covas, nas fontes... , cada herba,cada penedo, cada rocha ten un uso, un nome, unha lenda que nos fala doutros tempos, nos que buscábanse explicacións para os feitos cotiás na fantasía  e remedios para os males, na natureza. Estes contos, lendas e saberes foron transmitíndose de xeración en xeración, grazas a tradición oral.Son contos contados e escoitados ao carón do lume, nas longas noites na que imaxinación viaxaba ó ritmo das verbas e os silencios dalgunha voz vella que transmitía ós novos a sabedoría popular. A maior parte desas lendas falannos de meigas, que non sempre eran malas, nin vellas, se non moitas das veces procuraban alivios e consuelo os necesitados con plantas e herbas mediciñáis. Pero en moitas historias tamén xurden outras persoaxes míticas relacionadas cas meigas, que son as mouras: mulleres xóvenes de longa e loura cabeleira e ollos azuis, que habitan baixo terra ou baixo a auga,e que son as custodiadoras de grandes tesouros.  Atòpanse perto das fontes, ríos, castros, mámoas e ruinas de antigos monumentos.  Sentánse as beiras dos manantiais ou ríos, lavan, peitean os seus dourados cabelos con peites de ouro, mirándose no reflexo da auga cristalina e... agardan a usar os seus feitizos para enganar os inocentes camiñantes que topen con elas

Nós queremos rendir tributo a estas lendas que forman parte do noso patrimonio cultural, da nosa tradición oral,  que tanto nos gustan e dado que tamén facemos pócimas e tisanas, e usamos para elo o que a gran natureza galega nos brinda e regala, eleximos este nome que reúne estes dous seres mitolóxicos galegos: As meigas e as mouras. Así xurdíu, o nome de  Meigamoura.


Se queredes saber mais sobre este apaisonante tema podedes seguer a obra do escritor e compilador da tradición oral galega A. Reigosa e en particular os seus fantásticos libros: Diccionario dos seres míticos galegos  e Pequena mitoloxía de Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...