martes, 28 de julio de 2015

Feitizo dunha tarde de Verán






 O Verán.
 O río.
 O serán.
 Sestear á sombra das árbores,
 guiñando os ollos ós reflexos do sol
 mentras, escoitas o murmullo da auga seguindo o seu cauce,
 deixándote arrolar polo  canto dos paxaros  e o rumor das follas ca brisa da tarde,
  invitando a feiticeiros sonos.


 Risas, charlas, lecturas...
 Qué pracer unha merenda no río en compañía dos amigos!


Té, biscoito, limonada, pastas, champagne, e coma non, 
marmelada "O feitizo" de Meigamoura.



sábado, 25 de julio de 2015

DIY: Queiroas para unha voda


DIY
Do it yourself!.
Fáino ti mesmo!
Unha voda especial?. Unha voda nun pazo galego, coa choiva acariñando as follas das árbores dun xardín centenario...


Qué mellor que as queiroas para engalanar as bolsiñas de liño feitas a man, que agochan os agasaios para os teus convidados.




Agrada os teus amigos e familiares cun detalle especial  no teu evento. Fáino ti mesmo, ou se non tés tempo...
Confía en Meigamoura para eses momentos especiais. Sabemos o que queres. Algo exclusivo, orixinal, personalizado, ÚNICO, coma ti, coma a túa Voda.

viernes, 3 de julio de 2015

O Feitizo de Meigamoura



Temos unha grande nova e queremos que sexas o primeiro en sabelo...
Presentámoste a nosa nova marca de marmelada: O Feitizo de Meigamoura
Un ano despóis, creamos unha liña nova porque somos conscientes de que queredes o mesmos sabores e variedades durante máis tempo...
Por iso traémosche, co mesmo esmero e calidade de sempre, feitas a man con todo o noso agarimo, as mellores marmeladas artesás, feitas con froita  de Galicia. Máis sabores, máis variedade, pero a mesma calidade e compromiso polo natural.
O Feitizo de Meigamoura


O Feitizo de Meigamoura, tan Meigamoura coma sempre, durante máis tempo!!!

martes, 30 de junio de 2015

Queres casar con nós?


Queres casar con nós?.
 Queres co teu casamento sexa lembrado como algo moi doce e especial?
Só tes que decir SI.
Mira que detalles tan orixináis podes ter para os teus amigos e convidados, feitos de xeito artesanal e personalizados, únicos e exclusivos.



 Para Meigamoura cada voda, evento, celebración é única... Nunca repetimos. Gústanos saber o que queredess, como sodes, as cores, estilos, traxes ou , incluso, música do teu casamento, pero o máis importante e que nos encanta escoitar as vosas ideas e suxerencias, para realizar algo irrepetíbel e feito con moitísimo amor...



Esta celebración inspiróuse no mar, por iso as vieiras, a rede e os bígaros...
Non o dubides, contacta con nós...

lunes, 29 de junio de 2015

Grazas!!!

Grazas a Organización da III Feira do Emprendemento de Cambre por invitarnos a participar nela.
Grazas a tódala xente que se acercóu perto nós para coñecernos...
Un ano máis contando co voso agarimo e apoio...
Vémonos na seguinte feira... 
Será na Feira Modernista de Sada!!!

lunes, 1 de junio de 2015

Nuevo Catálogo: Sabores de Verán



Comezamos unha nova temporada, con novos sabores e novas sensacións...
.We start a new season, with new tastes and sensations..

 



miércoles, 27 de mayo de 2015

6 razóns polas que tomar amorodos


Pois xa vedes coma os amorodos son unha fonte de saúde inesgotábel. Ademais de ter moi poucas
  calorías e un alto contido en fibra, que as fan moi indicadas para dietas de perda de peso, xa que logo regulan os procesos dixestivos e reducen a sensación de fame, posuén unha grande concentración de fenois e manganeso, que lles confiren un grande poder antioxidante e antiinflamatorio. Tamén presentan grandes cantidades de vitamina C, as do grupo B,  K, niacina, biotina,  riboflavina, os  ácidosb  pantoténico,  eláxico,  fólico e máis potasio. Esta composición convérteos na receta máxica para a saúde e xuventude dos nosos ósos, pel e  pelo, ademais de reforzar o noso sistema inmunolóxico.

Así é moi importante incluír na túa dieta esta froita, e unha maneira rica e natural é tomando marmelada Meigamoura de Amorodo

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...