domingo, 25 de enero de 2015

PRESENTACIÓN das novas marmeladas MEIGAMOURA 2015


 Estamos moi contentas por anunciaros e compartir con vós esta noticia: O día 31 de Xaneiro,  as 12:00, terá lugar na FUNDACIÓN WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ de Cecebre, Cambre,  a  PRESENTACIÓN DAS NOVAS MARMELADAS MEIGAMOURA.
Agardámosvos a tod@s, para coñecer  as novas Delicatessen Meigamoura.
 

jueves, 22 de enero de 2015

Proba a nova marmelada de Mandarina Meigamoura

Proba a nova marmelada de Mandarina Meigamoura 




Cas nosas mandarinas, natural, ecolóxica e artesanalmente, creamos esta deliciosa marmelada para ti, para que a disfrutes. É refrescante, aromática, exquisita... o mellor para o teu almorzo.


Feita coma sempre, con tempo e agarimo, moito agarimo. dende a SELECCIÓN, a ELBORACIÓN ate a PRESENTACIÓN



Comeza os teus días de inverno, poñendo unhas culleriñas de marmelada de mandarina Meigamoura as túas mañás , e rezumarán sabor, cor e moita vitamina C, para encarar estes crudos e grises días.

miércoles, 21 de enero de 2015

Iogur Grego con Marmelada de licor café Meigamoura


E seguimos cas recetas d@s noso@s lector@s.
Nesta ocasión trátase dun almorzo orixinal, sá e boísimo... Qué delicia misturar un iogur grego ca marmelada de licor café Meigamoura... Mmmmm... Un pracer para os sentidos! Grazas Carmela por compartila experiencia.
Neste gris inverno pon un pouco de cor e sabor para comezar o día, con Marmeladas Meigamoura!
E a tí, se che ocurre algunha boa combinación ou receta cas nosas marmeladas?. Contanosla asiña, estamos agardando as vosas propostas.

sábado, 17 de enero de 2015

Almorzos con Amor!


Aproxímase o tempo da paisión, dos namorados, o 14 de febreiro data na que en algures  representa a amizade, o amor; noutros a onomástica a San Valentín. Nós dende aquí queremos celebralo con todos vós.

Se queres agasaiar a alguén dun xeito único,























Que mellor que comenzar o día creando un momento de ledicia e felicidade, onde adozarmonos ou  un simple recendo e un verso lévanos a uns mundos soñados.

Aprovéitate e déixate querer un pouquiño...!

Fai desa data un momento Meigamoura, onde non só agasaies alguén ou a ti mesmo, senón que tes a oportunidade única de compartir o tempo, a creatividade e o esmero doutros.

Podes reservar a túa caixa de amor personalizada, onde atoparás as nosas marmeladas, e como non, uns versos do noso querido poeta Baldomero Francisco Iglesias Dobarrio (Mero).

.
E se queredes un libro do noso Mero, podedes solicitalo en: xermolos@xermorlos.org ou no noso correo meigamourasl@gmail.com

miércoles, 14 de enero de 2015

Presentación Catálogo Meigamoura 2015

Hoxe, estamos moi contentas porque comezamos o  ano 2015 co noso Catálogo actualizado dos nosos productos.
Invitamoste a velo.


 Agardamos con moita ilusión que vos agrade.

domingo, 11 de enero de 2015

Tostada con marmelada Meigamoura


E seguindo ca sección nova de "A vosa Cociña", incluimos este sinxelo, pero delicioso e saudábel almorzo feito por Carmela, que tivo a amabilidade de compartir con nós.
Grazas por colaborar nesta sección, Carmela!!!

lunes, 5 de enero de 2015

Árbore navideño con marmelada de licor Meigamoura

Disfruta creando os teus mellores pratos cas marmeladas Meigamoura.

Mirade o que fixeron unhas amigas nosas coma postre navideño ca nosa marmelada de licor... Un exquisito árbore de mazá, piña, frambuesas e arandos, regado con marmelada de licor.





                                                    Creación: Teresa Moris
                                                     Foto: Alicia Longueira.

Convidámosvos a que experimentedes na cociña cas nosas marmeladas e que nos mandedes as vosas fotos para publicalas nunha nova sección do blog chamada:" a vosa cociña".

Ademáis de bonito, rico, mmmmmm!!!
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...