jueves, 21 de mayo de 2015

COMO FACER CONSERVAS CASEIRAS?




As vinagretas, as conservas en aceite, pistos, compotas e marmeladas son algunhas das receitas mestras que soen ser susceptibles de conservación. Non obstante, se non tomamos certas medidas preventivas, podemos padecer problemas de saúde bastante serios.


É unha práctica tradicional que realizan moitas familias, polo que recomendamos os seguintes pasos a  hora de elaboralas, de maneira de diminuír o risco para a saúde ao consumilas.



As bacterias contaminan facilmente os alimentos, mesmo en envases pechados hermeticamente. Unha desas bacterias é a encargada do botulismo, unha enfermidade moi grave que pode provocar a morte. Afortunadamente, esta bacteria non medra en medios ácidos, con pH inferior a 4,6, nin tampouco a baixas temperaturas, polo que a súa refrixeración a menos de 4º C permite destruíla.



Para non sufrir sorpresas desagradables a hora de degustar as deliciosas conservas só hai que seguir los seguintes pasos preventivos:

  • Os alimentos deben estar frescos e en perfecto estado.
  • Os vexetais que escollamos deben ser máis ou menos do mesmo tamaño, estar enteiros e sen golpes.
  • Deberán estar no seu punto xusto de maduración, nin verdes nin pasados.
  • Máxima hixiene a hora de tratar os alimentos. Mans limpas, utensilios e táboas impolutas, ademais de envases desinfectados, enxaguados e ben escorridos.
  • Os mellores recipientes para conservas son os de vidro.
  • Para esterilizalos utensilios, primeiro fervémolos durante 15 minutos e logo os escorreremos ben. Deberemos procurar non tocar o interior dos recipientes a hora de movelos.
  • Cando enchemos o envase teremos que facelo de maneira uniforme, que cubra adecuadamente os alimentos.


As conservas vexetais

  • Para conservar verduras, hai que escaldalas.
  1. Os vexetais estarán limpos e débense escaldar. Por cada 500gr., nun recipiente con 4 litros de auga fervendo e 120 ml. de zume de limón.
  2. Encher os envases, previamente esterilizados, ata uns 3 cm. do borde e cóbrense con salmoira.

  • Os encurtidos o vexetais en vinagre, ceboliños, olivas, cogombros, etc...

  1.  Eliminar  o exceso da auga.
  2.  Deixalos macerar no sal durante unhas horas na neveira. 
  3. Para facer salmoira precisamos: 20 gramos de sal por cada litro de líquido de cocción escaldado.
  4. As verduras limpas, enteiras ou escachadas, escáldanse por voltas de 500 gr. nun recipiente con 4 litros de auga fervendo, con 120 cc zume de limón. 
  5. Despois, colócanse nos envases esterilizados, deixando libres 3 cm. ata o borde e reénchense cunha salmoira.


As conservas das  froitas


Marmeladas, confituras, xeleas, en almibre, purés ou pastas de froitas.
As confituras e marmeladas aínda se realizan de xeito tradicional nos fogares e consérvanse durante moitos meses se se manteñen unha serie de precaucións.

Con froita tamén podemos elaborar compotas, xeleas, froita en almibre, purés e pastas de froitas.

Neste tipo de conservas, teñen que ter un pH inferior a 4,5. pra evitar o botulismo.

O azucre é preciso para realizar estes produtos (normalmente un kilo por cada kilo de froita) e excelente pra evitar posibles intoxicacións, xa que reducen a cantidade da auga, un elemento necesario para que proliferen certas bacterias e fungos.


Se o azucre se engade en proporciones inferiores, non actúa coa mesma efectividade contra os microorganismos.

Una vez  introducido o  produto no envase hai que pechalo e metelo nunha ola a presión, un método seguro e sinxelo para envasar.  20 minutos dende que comeza a saír vapor é suficiente para considerar lista a conserva.

Non podemos esquecer que hai que illar os frascos do fondo da ola.

Sen ola a presión pódese recorrer ao baño maría. O tempo preciso para que quede pechado (aínda que depende moito do tamaño do envase e a cantidade de produto que desexemos conservar) oscila entre 1 e 2 horas dende que a auga comeza a ferver.

Ao rematar o proceso, non podemos esquecer a etiquetaxe en cada envase de forma precisa cos datos do contido, o peso, a data de envasado e o tipo de conserva.


Aínda  que as froitas en conserva, na súa maioría posúen un pH inferior a 4,5, o que fai que o Clostridium botulinum perda importancia.

A súa vez, o engadido de azucre a partes iguais a froita ( 1Kg de froita, 1 Kg de azucre), propio do proceso de elaboración de doces, marmeladas e xeleas; favorece a diminución da auga dispoñible para os microorganismos; e desta forma non se poden desenvolver.


E moi importante aclarar que os edulcorantes, ao colocarse en proporcións moito menores, non alcanzan ser efectivas para ese fin. 


Despois de meter a preparación no frasco, é preciso pechalo e sometelo á calor na ola a presión ou noutra ola.






FACER CONSERVAS NA CASA? COMO?



O vran é o momento idóneo para preparar marmeladas caseiras ou facer conservas de pementos, tomates, bonito... 
Nesta época abundan alimentos de tempada que se atopan  só agora no seu punto, pero que se poderán seguir consumindo durante todo o ano se se conservan dalgunha maneira.
Non obstante, antes de poñerse mans a obra convén lembrar unha serie de precaucións para que o resultado derradeiro sexa saboroso, san e saudábel.



Medidas de hixiene

  • Lavar moi ben as verduras e froitas
  • Non usar deterxentes, ni desinfectantes que destrúan a flora microbiana.
  • Manter unha escrupulosa hixiene á hora de manipular os alimentos: mans, roupa, cabelo, utensilios, etc.
  • Antes do envasado, asegurala eliminación de posibles xermes sometendo os vexetais a unha cocción previa ou escaldado durante 5 minutos.
  • Esterilizar os utensilios básicos (coadores, embudes, tenaces, botes...) fervéndoos na auga durante 15 minutos. Sacar os tarros suxeitándoos polo borde.


Materia prima: Alimentos

  • Escolla alimentos frescos e no seu estado óptimo.
  • As verduras e froitas íntegras e sen golpes nin magoaduras, e de tamaños similares.
  • Os alimentos non deben estar nin moi verdes, resultarían insípidos, nin moi maduros,  romperíanse.
  • Os encurtidos  póñense primeiro en salmoira (sal) para unha primeira fermentación antes de metelos no vinagre.
  • Os produtos pequenos fermentan antes cos grandes, por iso débense pinchar con agullas de aceiro inoxidable, para evitar que a polpa se ennegreza.


Recipientes e outros útiles

  • Usar olas, cazarolas e cazos de aceiro inoxidable, cristal ou porcelana. Evitar materiais como o aluminio.
  • Non usar peneiras de metal coa froita ácida. Poden afectar a cor e o sabor da conserva.
  • Evitar o uso de materiais artificiais para filtrar e secar a froita: son preferibles os naturais, que non alteran o sabor nin a calidade da conserva.
  • Usar tarros de boca ancha, con bordes grosos que resistan ben as altas temperaturas (100ºC-114ºC). Os máis aconsellables son os que teñen un anel de goma ou unha tapa de vidro ou de metal suxeita ao tarro por algún tipo de resorte ou de clip suxeitador. Asegurarse de que o cristal non está fendido nin esconchado.
  • Se se reutilizan os tarros, asegurarse que as xuntas ou gomas das tapas están en perfecto estado. Reemprazando as tapas de metal, xa que estas deben ser sempre novas.
  • Ferver as tapas e os tarros por separado.




Tras ferver os frascos, os produtos débense etiquetar, indicando o contido, o peso, a data de envasado e o líquido conservante no seu caso (salmoira, vinagre, aceite, etc.).



martes, 19 de mayo de 2015

O NOSO PRIMER ANIVERSARIO



Cumprimos un ano, e queremos celebralo con vós.










Por cada compra que fagades esta semana  dende  o noso blog, teredes un desconto do 5% en cada producto.




sábado, 16 de mayo de 2015

domingo, 26 de abril de 2015

O MELLOR AGASALLO, MEIGAMOURA





Cansado de buscar e buscar algo especial para a mellor nai do mundo?. Non perdas máis tempo, escapa dos agasallos impersonais e repetitivos... Evita as colas, as aglomeracións... Encárganos o teu agasallo e nós o personalizaremos o teu gusto... Qué sabor prefire a túa nai?,
 Cal é a súa flor preferida?,
 Queres incluir no paquete algún detalle especial...
 algunha frase,
 cita,
dedicatoria,
 poesía ou letra da sua canción preferida ? .
 Ti só dinos o que queres...

viernes, 24 de abril de 2015

POLO O FORNO CON SALSA DE MOSTARDA E MARMELADA DE SIDRA



Ingredientes:  1 Polo, 2 Cebolas (A horta da Almazara) , 300 gr de patacas novas (Horta do sacho), 200 ml de viño branco lexitimo de Betanzos, 2 cullaradas de mostarda, 50 ml de aceite de oliva virxen (Vieiru), pementa (Orballo) e sal, marmelada de sidra Meigamoura.


Elaboración: Trocear o polo, lavalo e caslo con papel absorbente. Pelar as cebolas e cortalas en aros. Quentar o aceite nunha cacerola e refogalas sin que collan cor.
Engadir os anacos de polo, doralos.

Cun cepillo, lavar moi ben as patacas e secalas con papel absorvente. Poñer as patacas, as cebolas e o polo nunha bandexa do forno e salpimentar. Regar todo co aceite restante.

Cocer o forno precalentado 180º durante 20 minutos. 

Retirar o polo e as patacas da bandexa, quitar a grasa e desglasar a bandexa viño branco lexitimo de Betanzos, rascando o fondo para recuperar os xugos.

Deixar que reduzan a mitade. Poñer a preve nun cazo, engardir a mostarda, remexer e darlle un fervor. Servir o polo coas patacas, as cebolas.

Nunhas cuncas votar a salda de mostarda e a marmelada de sidra Meigamoura.

E, bo proveito!




jueves, 23 de abril de 2015

AS VIAXES DE MEIGAMOURA


Estes días andivemos por terras Extremeñas, concretamente na Serra de Gata, ata alí chegamos convidadas polo noso amigo Miguel Carrasco de Almazara As Pontis.


 www.aspontis.com


Unha vez mais amosounos e explicounos a maneira de facer un bo aceite de oliva virxen ecolóxico. Ensinounos tamén a amar o aceite de oliva e tamén a riqueza cultural que teñen as suas terras.




Teñen un idioma propio chamado a Fala, só faláse en Valverde do Fresno. Ejas e San Martín de Trevellos.



www.molinodelmedio.com

Tamén tivemos a oportunidade de coñecer da man de D. Julio Rodriguez-Calvarro o Museo do Aceite de Robledillo de Gata.

As nosas felicitacións por recuperar un muiño de orixen Medieval e contribuir a manter o conxunto histórico-artístico de Robledillo de Gata.

Se ides visitar esas terras, lembrade pasar pola Almazara As Pontis, degustar o seu aceite, e deleitaros coas suas paisaxes.




Robledillo de Gata

Para recuperar forzas, despois dunha ruta de senderismo,  xantar ou cear no Restaurante de Laura, www.facebook.com/pages/Restaurante-Casa-Laura/353951527960089 atoparedes gastronomía do lugar ademais dunha atención persoalizada, e sobre todo non marchedes sen probar as súas marmeladas.

Xa chegada a noitiña , se queredes experimentar un bo soño reparador aconsellamos durmir nunha almazara rehabilitada como é A Velha fábrica, un trato exquisito e un entorno único.





www.avelhafabricas.es
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...