domingo, 12 de abril de 2015

Bótalle imaxinación...



Aínda segues a tomar a marmelada no almorzo?
Qué aburrido!!!
Bótalle imaxinación...
Con iogur, na merenda, na cea, nos postres, para realzar os teus guisos... Busca inspiración nestas recetas , bótalle imaxinación e... disfruta!!!

martes, 7 de abril de 2015

PEITUGA DE PAVO



Preparándonos de cara a primavera ......



Ingredientes:  3 Peitugas de pavo, 250gr de cardo cocido, 250 gr de uvas brancas, 1 benxamín de cava, 600ml de caldo de polo, 6 culleradas de aceite de oliva, 3 culleradas de preve de soia, 4 chalotas, 200ml de tona, o zume de 1/2 limón, 3 culleradas de ceboliño picado, 2 ovos, 50gr de fariña, sal e pementa moida.

Elaboración: Pelar as chalotas e picalas finiño. Misturar o aceite e a preve de soia, engadir as peitugas de pavo. Maceralas tapadas durante 1 hora (dandolle a volta duas veces). Cecer as uvas 3 minutos; escurrilas, pelalas e despepitalas. Reservar. Precalentar o forno a 100ºC. Entretanto, coceer o caldo co o cava e reducir a mitade. Engadir as uvas, a tona e cocer 15 minutos. Engadir o zume do limón eo ceboliño; manter quente. Escorrentar as peitugas e marcalas nunha parrilla; salpimentar. Mantelas quentes dentro do forno apagado. Escorrentar os cardos, pasalos por fariña e ovo. Doralos no aceite quente e escorrentar. Filetear o pavo, napar coa preve e servir co cardo e as uvas. Acompañalo de marmelada de viño branco lexitimo de Betanzos (Meigamoura)

miércoles, 25 de marzo de 2015

SUXESTIÓNS MEIGAMOURA



Aquí atoparedes unhas suxestións para combinar e mesturar as nosas marmeladas....
con queixos





jueves, 5 de marzo de 2015

The World´s Original Marmelade Awards 2015


Pois si amigos, a fin de semán pasada celebróuse en Cumbria, Inglaterra, en la Dalemain Mansion  o prestixioso certame a nivel mundial Dalemain Marmelade Awards.




10th Anniversary' Dalemain Marmalade Awards & Festival 2015

Nun entorno marabilloso,  a mansión Dalemain é coma seu nome indica, unha casa solariega de estilo georgiano de 1744, rodeada duns xardíns de gran importancia botánica e histórica. Aquí, dende fai 10 anos, celébrase un concurso de gran sona internacional. Onde os máis expertos e coñecedores do ámbito das marmeladas fan de xuíces para escoller as mellores marmeladas do mundo. Alí concurriron máis de 2000 marmeladas chegadas de tódolos continentes.

Dende Xapón, Australia, India, Canadá, Bahamas, Taiwan, Francia, República Checa, Nueva Zelanda, Romanía, Irlanda, España... chegaron miles de tarros de marmelada, ate este reino de mestres marmeladeros, Inglaterra, berce das mellores marmeladas do mundo. Todos con moita ilusión, dispostos a participar , disfrutar da experiencia e sobre todo aprender...

E dende Galiza, tamén viaxou Meigamoura, cunha marmelada de exquisitas clementinas de Cecebre e ...

 conseguíu un Bronce na categoría "Any Citrus".

Estamos encantadas!!!!!!!

☺☺☺☺☺☺☺

martes, 3 de marzo de 2015

Síntese a primaveira



 


Aínda non mudóu a estación máis , pouco a pouco, a natureza vai dando mostras do seu despertar ...

 

Pequenas froles brotan, escóitanse os paxaros...
O cheiro das candeas acompáñanos nos nosos paseos...




Todo renace, síntese o cambio, outra vez.



Síntese a primaveira.

viernes, 27 de febrero de 2015

Volvemos ó Bistró Café-bar




Sempre é un pracer colaborar co BISTRÓ CAFÉ BAR na Cidade Vella da Coruña.




 Coma xa fixéramos para a campaña de Navidad, volvemos a decorar o seu escaparate, apostando, nesta ocasión, por un toque "vintage" que tanto nos gusta...



e que tan ben se integra co que ollamos o mirar pola súa fiestra.






 As cuncas frotando chaman o camiñante, que perdido polas rúas vellas, busca un sitio acolledor e tranquilo onde reposar, mentres observa a beleza do entorno.


 





Xa sabedes, cal é o voso lugar para almorzar, merendar ou simplemente tomar un café sempre acompañado dun pouquiño de marmelada Meigamoura.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...