Rematóu a feira de Betanzos e, aunque o balance foi moi positivo, o mellor foi a xente que coñecimos e coa que colaboramos estreitamente eses días... Unha desas persoas é
Charo Iglesias, alma de
Eira da Pereira, gran persoa e artesá, que elabora unhas exquisitas cervexas.
Probádeas, xa veredes...
Previamente, nunha reunión a coñecimos, e inmediatamente creóuse unha corrente entre nós, xurdíu unha idea, unha máxica colaboración. (As veces, as grandes ideas xurden así, por casualidade, é a grandeza desta vida louca e caótica). E pouco a pouco, materializóuse nunha maravillosa marmelada de cervexa, feita dende o respeto que sentimos polo traballo da nosa amiga.
O éxito foi total e quedóunos unha grata sensación de logro compartido...
Moitas grazas Charo pola túa xenerosidade.