lunes, 18 de agosto de 2014

Agasallos especiais con Meigamoura

Tes algunha celebración importante e queres agasallar a os teus convidados con algo especial?.



En bautizos, comunións, bodas, regalos de empresa ... déixanos axudarche!.
 Non dubides en contactar con nós. Personalizaremos o teu  agasallo cun packaging innovador e creativo, respetando sempre os teus desexos e indicacións...
Cas nosas deliciosas marmeladas , os teus amigos e convidados, recordarán a túa festa con moita dulzura.

martes, 12 de agosto de 2014

Marmelada de cervexa Meigamoura e Eira da Pereira







Rematóu a feira de Betanzos e, aunque o balance foi moi positivo, o mellor foi a xente que coñecimos e coa  que colaboramos estreitamente eses días... Unha desas persoas é Charo Iglesias, alma de Eira da Pereira, gran persoa e artesá, que elabora unhas exquisitas cervexas.

 Probádeas, xa veredes...

 Previamente, nunha reunión a coñecimos, e inmediatamente creóuse unha corrente entre nós,  xurdíu unha idea, unha  máxica colaboración. (As veces, as grandes ideas xurden así, por casualidade, é a grandeza desta vida louca e caótica). E pouco a pouco, materializóuse  nunha maravillosa marmelada de cervexa, feita dende o respeto que sentimos polo traballo da nosa amiga.
 O éxito foi total e quedóunos unha grata sensación de logro compartido...
Moitas grazas Charo pola túa xenerosidade.

viernes, 8 de agosto de 2014

Meigas e Mouras en Betanzos

Amigos, fai tempo xa explicamos o motivo do nome de Meigamoura, pero mañá á medianoite en Betanzos, veredes en vivo e en directo a relación tan estreita que gardan con nós as Meigas e Mouras ó presenciar o máxico conxuro e degustar  unha exquisita queimada, feita por unhas Meigas verdadeiras, que haberlas...


 Belén Sanjurjo

Non podedes faltar!
Vos agardamos a todos!

jueves, 7 de agosto de 2014

Feira dos productos das Mariñas en Betanzos


Estamos en plena campaña de presentación dos nosos productos e coma xa sabedes, este fin de semán tócalle a Betanzos acollernos  no seu maravilloso casco histórico. 
Será unha feira moi interesante, haberá moitas actividades, sorpresas e unha chea de bós e atractivos productos da nosa comarca: o mellor viño, exquisitos queixos, cervexa artesá e increíbels xabóns naturais entre outros... Pero o que non podía faltar, son as nosas marmeladas e cartéis para a ocasión...  deste xeito, o noso querido amigo Eduardo Rodríguez-Losada, agasallóunos con este fantástico debuxo.
Non vos parece precioso?
Moitísimas grazas.

jueves, 31 de julio de 2014

Feira Modernista Sada 2014



Vide todos este fin de semán a Feira Modernista de Sada con Meigamoura!. Será unha viaxe no tempo cara os felices anos 20... Haberá música, cine, bailes, degustacións, animacións e moitas sorpresas, pero o que non pode faltar é a marmelada Meigamoura.

martes, 29 de julio de 2014

As primeiras mazás.


Moitas grazas as nosas boas amigas: Alicia e Teresa, que son as maravillosas anfitrionas da Casa Museo Wenceslao Fernández Flórez en Cecebre. Elas son a alma e o motor da Fundación . Sempre están ahí cun sorriso e un té con historias ou labores, dispostas a facer da nosa visita unha experiencia inesquecibel. Tanto ten que choiva ou quente o sol, elas iluminan ese entorno maravilloso coas súas ideas, propostas, obradoiros e o seu calor e amabilidade. Coa súa xenerosidade e agarimo de sempre nos agasallaron cun cesto de mazás da súa horta, así,  poidemos coñecer esta variedade e elaborar esta riquísima marmelada de mazá e canela.

 
Non dubidedes en acercarvos a esta magnífica casa e deixarse levar pola amena visita guiada de Alicia, que os transportará a os comezos do século XX cando Cecebre era un espazo de veraneo da élite coruñesa e madrileña, que curiosamente aínda non elexía a costa para as súas vacacións. Se pechades os ollos e seguís as historias que os contarán, podedes imaxinar e recrear, tardes de lecer no seu fermoso xardín, grupos de homes con traxe branco e canotier , lánguidas mulleres elegantemente vestidas tomando o té ou xogando ó croquet e corros de nenos e nenas perseguindo un aro ou facendo carreiras de sacos...  E se escoitades en silencio, o ruído da brisa movendo as ramas das  árbores case podedes ver desfilar algún que outra persoaxe das novelas do autor: Fendetestas, Marica da Fame, Fiz, ou a mesma Santa Compaña... e o final, a sirena do tren fará  rematar a tarde. 

domingo, 27 de julio de 2014

DIY: Cómo presentar un agasallo dun xeito orixinal e fácil

Tes que facer un agasallo  y queres empaquetarlo dun xeito distinto, orixinal e persoal?.



Seguro que tes moitos recursos na casa, mira ben e atoparás moitos papeis, cartóns, caixas  de cereais, galletas, ovos, etc. que podemos reutilizar para que noso paquete quede cun toque especial.
A nosa idea de hoxe é moi sinxela, cunha bolsa e unhas follas secas de laurel o noso agasallo falará por nós , e levaralle ao noso destinatario unha mensaxe de agarimo e amizade.
Qué vos parece?
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...