Ingredientes: 1 Polo, 2 Cebolas (A horta da Almazara) , 300 gr de patacas novas (Horta do sacho), 200 ml de viño branco lexitimo de Betanzos, 2 cullaradas de mostarda, 50 ml de aceite de oliva virxen (Vieiru), pementa (Orballo) e sal, marmelada de sidra Meigamoura.
Elaboración: Trocear o polo, lavalo e caslo con papel absorbente. Pelar as cebolas e cortalas en aros. Quentar o aceite nunha cacerola e refogalas sin que collan cor.
Engadir os anacos de polo, doralos.
Cun cepillo, lavar moi ben as patacas e secalas con papel absorvente. Poñer as patacas, as cebolas e o polo nunha bandexa do forno e salpimentar. Regar todo co aceite restante.
Cocer o forno precalentado 180º durante 20 minutos.
Retirar o polo e as patacas da bandexa, quitar a grasa e desglasar a bandexa viño branco lexitimo de Betanzos, rascando o fondo para recuperar os xugos.
Deixar que reduzan a mitade. Poñer a preve nun cazo, engardir a mostarda, remexer e darlle un fervor. Servir o polo coas patacas, as cebolas.
Nunhas cuncas votar a salda de mostarda e a marmelada de sidra Meigamoura.
E, bo proveito!
No hay comentarios:
Publicar un comentario