miércoles, 10 de diciembre de 2014

VERACRUZ: Moito máis que un bó café


VERACRUZ: Moito máis que un bó café... 
É un gran pracer pasear polas rúas do centro da Coruña nestas datas. Están fermosísimas, cheas de luces, adornos, xente, vida... pero ao chegar á rúa Riego de Agua, algo, invítanos a disfrutar aínda máis... O inconfundíbel aroma dun magnífico café, recién moído,fáinos acercar a esta acolledora cafetería, buscando o sabor e a calor das conversas en boa compaña...





 Alí, ca exquisita atención do seu xerente, podremos disfrutar e descubrir sabores, tentacións e caprichos que se converten en necesidades das que xa, non podremos renunciar este Nadal, ben sexa para  compartir ca nosa xente ou simplemente, para regalarnos a nós mesmos. Mazapáns artesás, turróns, almendrados, chocolates selectos, deliciosos stollens, auténticos y exquisitos panettones, pedriñas de castañas...
Son tantas as delicias e tan boas, que case, case, é mellor facer unha listiña, si, para que no se esqueza nada...Así,este Nadal, por qué non facer unha lista de desexos do Veracruz?. Velaí vai a nosa...


1- Non podo resistirme ós ALMENDRADOS.
2- O PANETTONE caerá para a Noiteboa...
3- O STOLLEN será o mellor para...
4- E por último... unha crema de castañas caramelizadas Meigamoura é unha aposta segura nestas datas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...