martes, 7 de octubre de 2014

TORTILLA DE PATACA CON MARMELADA DE CEBOLA CONFITADA

Creamos este apartado pola demanda dos nosos clientes, que moitas veces nos preguntan cómo tomar as nosas marmeladas. Nós dámosvos unha pequena indicación, pero estivemos a pensar que o mellor  e convidar a que probedes os nosos pratos e compartir con todos a nosa sabedoría de facer unha cociña diferente.

Cada semana iremos engadindo un novo prato, pode ser doce o salgado, ou simplemente unha bebida.

Queremos convidarvos a que probedes as nosas marmeladas no só en torradas para o almorzo, senón tamén no día a día da cociña. Agardamos que aprendades a cociñar doutro xeito, dun modo sinxelo e que poidades sorprender aos vosos convidados á mesa  cun toque diferente.

Moitas grazas, a toda a xente que siga a nosa cociña.


TORTILLA DE PATACA CON MARMELADA DE CEBOLA CONFITADA





Ingredientes:  6 Ovos, 4 patacas medianas, Aceite, unhas areiñas de sal, 2 culleriñas de marmelada de cebola confitada (Meigamoura).

Elaboración: Lavamos e pelamos as patacas, picámolas moi finas. Poñemos unha tixola ao lume e botámoslle aceite, e cando esté quente engadimos as patacas e fritímolas sen as torrar. Cascamos os ovos, e batémolos; engadimos as culleradas de  marmelada de cebola e batemos novamente, engadimos as patacas a esta mistura e salgamos ao gusto. Misturamos tódolos ingredientes.
Noutra tixola quentamos unhas pingas de aceite, e botamos a mistura anterior. Cociñamos un minutiño e colocamos un prato (ou unha viradeira) enriba da tixola e virámola. Volvemos a introducir novamente a tortilla para cociñala pola outra beira. Cociñámola ao gusto. Se queremos que o ovo quede máis callado deixaremos facer uns minutiños máis, por cada beira.
Unha vez rematada, podémola engalanar cunhas follas de leituga.
https://sites.google.com/site/demermeladasyotrascosas/tortilla-de-pataca-con-marmelada-de-cebola-confitada

E, bo proveito!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...