Vide todos este fin de semán a Feira Modernista de Sada con Meigamoura!. Será unha viaxe no tempo cara os felices anos 20... Haberá música, cine, bailes, degustacións, animacións e moitas sorpresas, pero o que non pode faltar é a marmelada Meigamoura.
Páginas
▼
Páginas
▼
jueves, 31 de julio de 2014
martes, 29 de julio de 2014
As primeiras mazás.
Moitas grazas as nosas boas amigas: Alicia e Teresa, que son as maravillosas anfitrionas da Casa Museo Wenceslao Fernández Flórez en Cecebre. Elas son a alma e o motor da Fundación . Sempre están ahí cun sorriso e un té con historias ou labores, dispostas a facer da nosa visita unha experiencia inesquecibel. Tanto ten que choiva ou quente o sol, elas iluminan ese entorno maravilloso coas súas ideas, propostas, obradoiros e o seu calor e amabilidade. Coa súa xenerosidade e agarimo de sempre nos agasallaron cun cesto de mazás da súa horta, así, poidemos coñecer esta variedade e elaborar esta riquísima marmelada de mazá e canela.
domingo, 27 de julio de 2014
DIY: Cómo presentar un agasallo dun xeito orixinal e fácil
Tes que facer un agasallo y queres empaquetarlo dun xeito distinto, orixinal e persoal?.
Seguro que tes moitos recursos na casa, mira ben e atoparás moitos papeis, cartóns, caixas de cereais, galletas, ovos, etc. que podemos reutilizar para que noso paquete quede cun toque especial.
A nosa idea de hoxe é moi sinxela, cunha bolsa e unhas follas secas de laurel o noso agasallo falará por nós , e levaralle ao noso destinatario unha mensaxe de agarimo e amizade.
Qué vos parece?

marmelada de... estrugas?
Unha merenda entre amigos, unha cea improvisada...
Hoxe toca, marmelada de estrugas Meigamoura, acompañando uns ricos queixos...
De estrugas? e iso que é?
Estruga en galego, ortiga en español, urtica dioica en latín, é decir, esas herbas de toda a vida que abundan polos campos e arruinan moitas das nosas excursións.
E, por qué de estrugas?. Pois porque é unha delicia e teñen moitas propiedades beneficiosas para o noso corpo. Teñen propiedades laxantes, diuréticas,dixestivas, antidiabéticas e circulatorias. Favorece a eliminación de líquido e toxinas. Previene e alivia os síntomas de males coma artritis, artrosis, varices e outros trastornos circulatorios, ácido úrico,... Dende sempre foi usada en mediciña para tratar afeccións da pel e o cabelo.
Xa vedes é unha pequena pranta milagreira, que ademáis está moi boa na cociña en tortilla, croquetas, cremas e purés... e agora en marmelada!
A qué esperades a probala?
domingo, 20 de julio de 2014
Un verán entre as roseiras
Qué terá o suave aroma das rosas que nos calma e chea de paz, envolvéndonos nunha pracentera sensación? É o aroma por excelencia. As súas frores e pétalos utilizáronse dende tempos inmemoriais para facer perfumes, xabóns, augas e tratamentos de beleza, xa non só pola súa fragrancia senón polas múltiples propiedades beneficiosas para a pel.
Quén non recolectóu rosas e na Noite de San Xoan deixounas macerando a luz da lúa, para facela máxica auga de rosas con que lavala cara na mañanciña ca ilusión da beleza e xuventude?
As rosas...
Frores máxicas, frores belas, fráxiles entre as espiñas, símbolos de tantas cousas...
E nós, coma Tita, a protagonista de "Como agua para chocolate" de Laura Esquivel , intentando experimentar con elas na cociña, facendo marmeladas de rosas. Un luxo para os sentidos!
Quén sabe? o mellor acontece coma na receita da novela, e todos os que as proben descubren emocións e paixóns reprimidas...
lunes, 14 de julio de 2014
Xa temos cabaciño!
Xa temos Cabaciño!
Mmmm! A de cosas ricas que imos facer co cabaciño: pisto, cremas, marmelada, ratatouille...
Sabíades cas frores cómense tamén? Si, si e non é algo novedoso, xa ven de lonxe, pois xa na antiga Grecia e Roma as usaban para deleitar os seus sentidos. Nos descubrímola receita nun libro moi interesante de cociña italiana vexetariana: "La cucina verde" de Carlo Bernascone e Larissa Bertonasco. é un libro moi recomendabel polo sinxelo, ameno e as preciosas ilustracións. Ben, pois velaí vai a nosa versión da receita.
Frores de cabaciño fritidas
Despóis de lavalas ben e secalas cunha servilleta, rebozanse en masa de tempura:
Non vos apetece facelas? Probade e ...
Xa me diredes se resultóu

- 1 ovo,
- fariña (aprox 1 cunca),
- un pouquiño de sal e media culler de azucre
- 1 a 1 1/2 cunca de auga fría.
Fritilas en aceite moi quente e... comelas quentiñas. Xa está!
Non vos apetece facelas? Probade e ...
Xa me diredes se resultóu
sábado, 12 de julio de 2014
Festa das Cereixas
Despóis duns días de moito traballo facendo marmelada de cereixas e guindas...
Cereixas...
Cereixas ...
e máis cereixas...
O domingo por fin, estivemos na Festa das Cereixas en Paiosaco, foi unha experiencia moi bonita. Estivemos con moita xente encantadora que nos brindóu o seu apoio e cariño.
Moitas grazas a todos!!!
lunes, 7 de julio de 2014
Novas cores, novos sabores...
Mmmmmm, xa están aquí os novos froitos, novas cores, novos sabores... para facer as nosas marmeladas.
Cereixas, guindas, raños, ameixas vermellas e douradas.
Pola primaveira xa prometían,
e agora no verán, imos disfrutar ben delas.
Non queredes probalas?
A qué agardades?