Unha merenda entre amigos, unha cea improvisada...
Hoxe toca, marmelada de estrugas Meigamoura, acompañando uns ricos queixos...
De estrugas? e iso que é?
Estruga en galego, ortiga en español, urtica dioica en latín, é decir, esas herbas de toda a vida que abundan polos campos e arruinan moitas das nosas excursións.
E, por qué de estrugas?. Pois porque é unha delicia e teñen moitas propiedades beneficiosas para o noso corpo. Teñen propiedades laxantes, diuréticas,dixestivas, antidiabéticas e circulatorias. Favorece a eliminación de líquido e toxinas. Previene e alivia os síntomas de males coma artritis, artrosis, varices e outros trastornos circulatorios, ácido úrico,... Dende sempre foi usada en mediciña para tratar afeccións da pel e o cabelo.
Xa vedes é unha pequena pranta milagreira, que ademáis está moi boa na cociña en tortilla, croquetas, cremas e purés... e agora en marmelada!
A qué esperades a probala?
No hay comentarios:
Publicar un comentario