Páginas

Páginas

jueves, 21 de mayo de 2015

FACER CONSERVAS NA CASA? COMO?



O vran é o momento idóneo para preparar marmeladas caseiras ou facer conservas de pementos, tomates, bonito... 
Nesta época abundan alimentos de tempada que se atopan  só agora no seu punto, pero que se poderán seguir consumindo durante todo o ano se se conservan dalgunha maneira.
Non obstante, antes de poñerse mans a obra convén lembrar unha serie de precaucións para que o resultado derradeiro sexa saboroso, san e saudábel.



Medidas de hixiene

  • Lavar moi ben as verduras e froitas
  • Non usar deterxentes, ni desinfectantes que destrúan a flora microbiana.
  • Manter unha escrupulosa hixiene á hora de manipular os alimentos: mans, roupa, cabelo, utensilios, etc.
  • Antes do envasado, asegurala eliminación de posibles xermes sometendo os vexetais a unha cocción previa ou escaldado durante 5 minutos.
  • Esterilizar os utensilios básicos (coadores, embudes, tenaces, botes...) fervéndoos na auga durante 15 minutos. Sacar os tarros suxeitándoos polo borde.


Materia prima: Alimentos

  • Escolla alimentos frescos e no seu estado óptimo.
  • As verduras e froitas íntegras e sen golpes nin magoaduras, e de tamaños similares.
  • Os alimentos non deben estar nin moi verdes, resultarían insípidos, nin moi maduros,  romperíanse.
  • Os encurtidos  póñense primeiro en salmoira (sal) para unha primeira fermentación antes de metelos no vinagre.
  • Os produtos pequenos fermentan antes cos grandes, por iso débense pinchar con agullas de aceiro inoxidable, para evitar que a polpa se ennegreza.


Recipientes e outros útiles

  • Usar olas, cazarolas e cazos de aceiro inoxidable, cristal ou porcelana. Evitar materiais como o aluminio.
  • Non usar peneiras de metal coa froita ácida. Poden afectar a cor e o sabor da conserva.
  • Evitar o uso de materiais artificiais para filtrar e secar a froita: son preferibles os naturais, que non alteran o sabor nin a calidade da conserva.
  • Usar tarros de boca ancha, con bordes grosos que resistan ben as altas temperaturas (100ºC-114ºC). Os máis aconsellables son os que teñen un anel de goma ou unha tapa de vidro ou de metal suxeita ao tarro por algún tipo de resorte ou de clip suxeitador. Asegurarse de que o cristal non está fendido nin esconchado.
  • Se se reutilizan os tarros, asegurarse que as xuntas ou gomas das tapas están en perfecto estado. Reemprazando as tapas de metal, xa que estas deben ser sempre novas.
  • Ferver as tapas e os tarros por separado.




Tras ferver os frascos, os produtos débense etiquetar, indicando o contido, o peso, a data de envasado e o líquido conservante no seu caso (salmoira, vinagre, aceite, etc.).



No hay comentarios:

Publicar un comentario