Estes días andivemos por terras Extremeñas, concretamente na Serra de Gata, ata alí chegamos convidadas polo noso amigo Miguel Carrasco de Almazara As Pontis.
www.aspontis.com
Unha vez mais amosounos e explicounos a maneira de facer un bo aceite de oliva virxen ecolóxico. Ensinounos tamén a amar o aceite de oliva e tamén a riqueza cultural que teñen as suas terras.
Teñen un idioma propio chamado a Fala, só faláse en Valverde do Fresno. Ejas e San Martín de Trevellos.
www.molinodelmedio.com
Tamén tivemos a oportunidade de coñecer da man de D. Julio Rodriguez-Calvarro o Museo do Aceite de Robledillo de Gata.
As nosas felicitacións por recuperar un muiño de orixen Medieval e contribuir a manter o conxunto histórico-artístico de Robledillo de Gata.
Se ides visitar esas terras, lembrade pasar pola Almazara As Pontis, degustar o seu aceite, e deleitaros coas suas paisaxes.
Se ides visitar esas terras, lembrade pasar pola Almazara As Pontis, degustar o seu aceite, e deleitaros coas suas paisaxes.
Robledillo de Gata
Para recuperar forzas, despois dunha ruta de senderismo, xantar ou cear no Restaurante de Laura, www.facebook.com/pages/Restaurante-Casa-Laura/353951527960089 atoparedes gastronomía do lugar ademais dunha atención persoalizada, e sobre todo non marchedes sen probar as súas marmeladas.
Xa chegada a noitiña , se queredes experimentar un bo soño reparador aconsellamos durmir nunha almazara rehabilitada como é A Velha fábrica, un trato exquisito e un entorno único.
Xa chegada a noitiña , se queredes experimentar un bo soño reparador aconsellamos durmir nunha almazara rehabilitada como é A Velha fábrica, un trato exquisito e un entorno único.
www.avelhafabricas.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario