Páginas

Páginas

viernes, 27 de febrero de 2015

Volvemos ó Bistró Café-bar




Sempre é un pracer colaborar co BISTRÓ CAFÉ BAR na Cidade Vella da Coruña.




 Coma xa fixéramos para a campaña de Navidad, volvemos a decorar o seu escaparate, apostando, nesta ocasión, por un toque "vintage" que tanto nos gusta...



e que tan ben se integra co que ollamos o mirar pola súa fiestra.






 As cuncas frotando chaman o camiñante, que perdido polas rúas vellas, busca un sitio acolledor e tranquilo onde reposar, mentres observa a beleza do entorno.


 





Xa sabedes, cal é o voso lugar para almorzar, merendar ou simplemente tomar un café sempre acompañado dun pouquiño de marmelada Meigamoura.


jueves, 26 de febrero de 2015

Problemas có azucre?

Tes problemas có azucre?

Non te preocupes, agora Meigamoura ten unha líña de marmeladas con stevia






Xa sabes, o edulcorante natural sustituto do azucre e dos edulcorantes artificiais.



A stevia aporta cero calorías a nosa, e é o único edulcorante natural totalmente seguro para o consumo diario, cando o azucre está contraindicado, como é o caso dos diabéticos e as persoas que seguen  dietas de adelgazamento prolongadas.

miércoles, 25 de febrero de 2015

FILLOAS CON MARMELADA DE OPORTO

Chega o Entroido e nós dende aquí queremos compartir con vos unha das nosas recetas.







Ingredientes : 1 oso salgado do espinazo do porco, Fariña, 2 ou 3 ovos, 3 litros de auga, unhas areiñas de sal, un anaco de touciño (so a graxa)

Elaboración: Deixar a remollo o oso de espinada a noite anterior para desalalo. Poñelo a cocer en auga quente a lume moderado así como 1 hora ata que a cor sexa turbia. Unha vez cocido retirar o so, colar o caldo e deixar enfriar. Xa frio vaise engadindo pouco a pouco a fariña, a que admita ata obter un líquido cremoso e sen grumos dun corpo semellante a tona liquida. Se engaden logo os ovos moi ben batidos misturando ben, se proba o liquido e se rectifica de sal se fora necesario e se deixa reposar uns 30 minutos. Antes de facer as filloas remexer novamente o líquido.


Elaboración das filloas: Trinchar cun garfo o touciño e untar o fondo da tixola quente. Verter un pouco de líquido cunha culler, movendo o tempo a tixola de modo que o liquido cubra todo o seu fondo. Deixase facer a lume suave tan só uns momentiño primeiro dese lado e logo daselles a volta con coidado collendoa pola beira axudandonos da punta dun garfo, e deixandola facer pola outra cara.


Quitalas da tixola e poñelas nun prato. renchelas de Marmelada de oporto Meigamoura e logo enrrolalas ou doblalas.


Para que estén mais gustosas depende o grosor das mesmas, canto mais finiñas estean maís sabedoras.

lunes, 9 de febrero de 2015

Tiramisú con marmelada de LICOR-CAFÉ MEIGAMOURA





Encántanos o Tiramisú. 
Xa sabedes esa sobremesa fría de orixe italiano, que se monta en capas  de nata, biscoitos, café, licor e chocolate...mmmm , irresistíbel!!!

Existen moitas versións desta receta... Pode facerse de moitas maneiras, con ovo, sen él, con froitas, distintos licores ou sen él... Ésta é a nosa proposta de Tiramisú, agardamos que vos agrade.


Precisamos:


  Biscoitos de Soletilla
 ♥ Unha cunca de café  
 ♥ Marmelada de licor café Meigamoura  
 ♥ 200 gr de queixo Mascarpone 
 ♥ Chocolate raiado 
 ♥ 500 gr de nata para montar.



 
 Primeiro móntase a nata






 cando esté montada se mestura co queixo Mascarpone e a marmelada de licor-café Meigamoura






 Tamén se mestura o café e a marmelada Meigamoura. Despóis, mollamos os biscoitos, un a un, co café e colócanse no recipiente cubrindo o fondo 







encima dos biscoitos bótase a mestura de nata e queixo por enriba






 e vólvese poñer unha capa de biscoitos bañados en café.
 Cubrimos de nata. 
 Ráiase o chocolate por enriba en forma de adorno.







 Ponse a arrefriar e ... Xa está!!!  







Servide e disfrutade 



 

E seguimos...

E seguimos a facer marmelada de mandarina... rica, sá, natural ecolóxica , artesá e de Galicia.


están  as nosas árbores cargadiñas...






E así, farémola toda, para encher as nosas caixas especiais de ALMORZOS CON AMOR...


Aínda estades a tempo. Quedan 5 días , aunque calquer día e bó, para nos agasallar cun almorzo especial, non sí?

Moitas grazas!!!

Despóis da resaca destes últimos días, de eventos, presentacións e demáis, seguimos ca nosa rutina que é producir unhas marmeladas ricas, naturáis, ecolóxicas, artesás e de Galiza.
Pero antes, temos que agradecer a moitos amigos e medios que fixeron posible que a Presentación das novas marmeladas Meigamoura fose un éxito.



http://img.kalooga.com/thumb?url=http%3A%2F%2Ffotos02.laopinioncoruna.es%2F2015%2F02%2F01%2F646x260%2Fempresa-cambresa.jpg&md5val=b038a701e22aa5157ffb5b0a59a0ab35&key=5466ae8533b8d29bfdb1de1c1b879bfc235c975d&method=fill&size=708x388

Moitas grazas en especial a La Opinión y al GDR Mariñas-Betanzos, polo seu apoio e difusión do acto, e coma non a FUNDACIÓN WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ, que sempre está ahí cas portas abertas e nesta ocasión foi , escenario e marco, das nosas marmeladas.

Grazas a tod@s os que nos acompañastes neste día, a vosa presenza foi moi especial para nós.