As veces acontece que abres a porta dun comercio e sintes unha irresistíbel sensación de atracción e curiosidade...
Hai unha tenda na que ó entrar sentiraste atrapado polo seu encanto, a súa magnífica decoración e cuidada selección de caprichos gastronómicos, é... TANGERINA AND CO.
Un novo concepto de tenda na cidade de A Coruña, que aposta por recuperar un xeito olvidado de mercar e vender. É unha volta as pequenas tendas de barrio, onde os tendeiros ofrecían todo o seu saber facer e agarimo para brindarnos un trato personalizado e de calidade.
Coma se volveras ós teus tempos da infancia, nos que collido da man da túa nai ,explorabas no colmado da esquina un mundo de sensacións, de olores, colores e sabores novos que invitábante a soñar e viaxar coa imaxinación a lugares lonxanos...
Situada nun dos lugares máis bonitos da Coruña, no Paseo da Dársena... Nela atoparás exquisiteces que sorprenderán os paladares máis esixentes, aportando un pouco de color e sabor a túa despensa e a túa vida.
Recupera o pracer de volver a sentir o que mercas, de mirar, probar, oler, deleitarse e comparar os productos... Coa exquisita atención e asesoramento da encargada da tenda, Bárbara Liaño, a túa visita non te defraudará.
No hay comentarios:
Publicar un comentario