Páginas

Páginas

viernes, 24 de octubre de 2014

FILLOAS CON MARMELADA

TEMPO DE CABAZAS

Chegan as cabazas, coas suas formiñas e cores. E nós queremos compartir con todos vos a nosa marmelada de cabaza.

Convidámosvos a que coñezades as propiedades deste vexetal.
  • Atopamos no seu interior un aporte moi adecuado de fibra, polo tanto axúdanos neses momentos nos que padezamos un episodio de estreñimiento.
  • Contén un alto compoñente en auga e moi poucos azucres. Habitualmente para facer marmeladas  inclúese a mesma cantidade de azucre que de froita, pero nós imos poñer menos. Teremos unha marmelada relativamente aceptable, non será excesivamente doce nin terá moitas calorías. E sen dúbida unha das máis saudables.
  • Outro beneficio da cabaza e que é un alimento antioxidante. Contén un aporte moi adecuado de carotenos, cumarinas, licopeno... así evitaremos o envexecemento e cuidaremos nosas células do ataque dos radicales ceibes.
  • Tamén un bo diurético. Evitaremos a retención dos líquidos.
  • Outra das súas maravillosas propiedades, é que a cabaza evita as infecciones do aparato respiratorio, axudando a producción dos glóbulos vermellos e brancos.
  • Contén Vitamina A, excelente para o cabelo, pel, unllas, vista, ósos e sistema inmunolóxico.

Agora imos  cociñala. Hoxe toca unha receita faciliña de facer e que gusta ós pícaros.





FILLOAS CON MARMELADA DE CABAZA

Compoñentes:  1 Ovo, 1/2 litro de leite enteira, 1 vaso de fariña, unhas areiñas de sal, manteiga, 1 cullerada de azucre opcional (para os larpeiros), 1 anaco de levadura, marmelada de Cabaza Meigamoura

Elaboración :  Xuntar tódolos ingredientes nunha cunca, agás a manteiga, e misturar ata conseguir unha pasta homoxénea.

Deixar repousar media hora nun lugar fresco. O cabo do tempo poñer unha tixola o lume e quentar, pintar o cu da tixola coa manteiga e ir botando pouco a pouco a pasta anterior ata encher o cu da tixola. Deixar cociñar un minuto, logo dese tempo virar coa axuda dunha culler plana, e cociñar polo outro lado.

Poñerla nun prato, e engadirlle unhas culleradas de marmelada de cabaza e extendela.

Suxerencias: Pódese acompañar de pasas, figos, almenduas, noces, chocolate, tona, etc...
Se non tés marmelada de cabaza, non te apures, trócala por outra marmelada que teñas nese momento.

https://sites.google.com/site/demermeladasyotrascosas/filloas-con-marmelada-de-cabaza

E bo proveito!


No hay comentarios:

Publicar un comentario