Estamos en plena campaña de presentación dos nosos productos e coma xa sabedes, este fin de semán tócalle a Betanzos acollernos no seu maravilloso casco histórico.
Será unha feira moi interesante, haberá moitas actividades, sorpresas e unha chea de bós e atractivos productos da nosa comarca: o mellor viño, exquisitos queixos, cervexa artesá e increíbels xabóns naturais entre outros... Pero o que non podía faltar, son as nosas marmeladas e cartéis para a ocasión... deste xeito, o noso querido amigo Eduardo Rodríguez-Losada, agasallóunos con este fantástico debuxo.
Non vos parece precioso?
Moitísimas grazas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario